Narón

Narón impulsa a creación do Club Narón Gastronómico dirixidas ao sector hosteleiro

O programa Narón Gastronómico da un salto cualitativo logo de catro edicións e vaise converter nun Club para promover a mellora global da hostalería de Narón. Nesta iniciativa, presentada hoxe polo edil de Promoción Económica, Pablo Villamar, poderán participar todos os establecementos do sector que o desexen chamando ao número de teléfono 607 082 232 ou dirixíndose á dirección de correo electrónico: promocioneconomica@naron.es. O concelleiro naronés …

Read More »

Narón acolle unha campaña de sensibilización sobre a avespa velutina

O edil de Medio Ambiente do Concello de Narón, Octavio Dopico, anunciou esta mañá a celebración de tres novas charlas incluídas na campaña de sensibilización medioambiental Stop velutina, promovida pola delegación de Ferrolterra da Asociación Galega de Apicultura e na que colabora o Concello de Narón. As sesións desenvolveranse o vindeiro mércores, 1 de xuño, na cooperativa do Val, ás 19 horas; o día 2 …

Read More »

Este domingo Narón organiza a sétima andaina do programa «Ponte en Ruta con nós»

Unhas 150 persoas participarán este domingo 29 na sétima andaina do programa municipal Ponte en Ruta con nós, organizado polo Concello e a empresa Arasti Barca. Coñecemos Narón é o percorrido da xornada, na que os asistentes tratarán de coñecer o maior número de parroquias da localidade posible nun tramo de aproximadamente vinte quilómetros. A saída será do pavillón polideportivo da Gándara, e os camiñantes deberán estar nas …

Read More »

O Teatro Amador levará a representación da obra «A creación» ao local social da Pombiña

O local da Sociedade Cultural Recreativa A Pombiña, de Pedroso, acollerá este domingo 29 unha nova representación do programa da VIII Mostra de Teatro Amador organizada polo Padroado da Cultura de Narón. A creación é o título da obra que se encargarán de representar nesta ocasión os integrantes do Obradoiro de Teatro de Piñeiros, baixo a dirección de Maite da Costa, autora tamén do texto. A representación comezará …

Read More »

Talleres para embarazadas e curso para acompañantes de transporte escolar na Semana da Mobilidade de Narón

Unha charla sobre os Beneficios da matronatación abriu esta mañá os actos da Semana da Mobilidade e Seguridade Vial do Concello de Narón. Un grupo de mulleres embarazadas recibiu información sobre as vantaxes da matronatación, así como das posturas máis axeitadas para practicar esta actividade, entre cuxos obxectivos está tolerar mellor o embarazo, combartir nalgúns casos o sobrepeso e preparar …

Read More »

O Concello de Narón colocará mañá unha bandeira conmemorando o Día Nacional do Celíaco

O Concello de Narón conmemorará mañá venres o Día Nacional do Celíaco colocando unha bandeira co logo desa xornada na porta principal do Consistorio. Así o anunciou a edil de Acción Social, Catalina García, que recordou que o acto «responde a unha petición formulada a través da Asociación de Celíacos de Galicia (Acega) e impulsada pola Federación de Asociacións de Celíacos de España, que se …

Read More »

Narón acollerá en xuño a Concentración Moteira e as Xornadas de Turismo Activo

O paseo marítimo de Xuvia acollerá os días 3, 4 e 5 de xuño a XI Concentración Moteira Cidade de Narón e as VI Xornadas de Turismo Activo, eventos organizados polo Motoclub Fojeteiros coa colaboración, entre outras entidades, do Concello de Narón. O edil de Deportes, Román Romero, presentou esta mañá a convocatoria acompañado polo presidente de Fojeteiros, José López Quintián, e por Vanesa Galaso …

Read More »

Almorzos na rúa e Policía Local en bicicleta na Semana da Mobilidade e Seguridade Vial

O municipio naronés continúa acollendo hoxe varios actos con motivo da Semana da Mobilidade e Seguridade Vial. A primeira das actividades foi a de Almorzo na rúa, na que participaron varios funcionarios do Concello e representantes políticos, entre eles o alcalde, José Manuel Blanco, que acudiron ao seu posto de traballo camiñando ou en bicicleta. O mesmo fixeron alumnos dos centros escolares da localidade, aos que …

Read More »

O Concello de Narón dotará de alumeado led os barrios da Solaina e A Gándara

A concellería de Obras Públicas de Narón, dirixida por Pablo Mauriz, iniciará este xoves 26 as obras correspondentes á instalación de alumeado led no barrio da Solaina e na zona da Gándara. O concelleiro naronés explicou que se trata dun investimento que ronda os 570.000 euros e destacou o feito de que «unha vez rematados os traballos previstos a factura eléctrica do Concello reducirase nuns …

Read More »

«Seitura 22» aborda en Narón a convocatoria da Xunta para a xestión dos fondos Leader

Os alcaldes dos vinte e dous concellos que integran o Grupo de Desenvolvemento Local Seitura 22 estaban citados esta mañá no Concello de Narón a unha mesa institucional para abordar a convocatoria realizada pola Xunta de Galicia para a xestión dos fondos Leader 2014-2020. O presidente da entidade e alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, presidiu a convocatoria, á que asistiron rexedores das comarcas de Ferrol, Eume, …

Read More »

Arranca en Narón o programa da Semana da Mobilidade e Seguridade Vial

O concelleiro de Seguridade Cidadá, Guillermo Sánchez Fojo, inaugurou esta mañá no Pazo da Cultura o programa de actos da Semana da Mobilidade e Seguridade Vial que se celebra ata o vindeiro domingo, día 29, no municipio. O edil naronés incidiu en que a convocatoria a desenvolver «é un compendio de todo o traballo realizado ata o de agora e está encamiñada sobre todo aos …

Read More »

O naronés Guillermo Sánchez Fojo resultou reelixido por unanimidade secretario xeral de Terra Galega

O partido nomeou este domingo  á nova directiva no IV Congreso Nacional celebrado en Coristanco Os asistentes ao IV Congreso Nacional de Terra Galega, celebrado na mañá deste domingo na Casa da Cultura de Coristanco, respaldaron por unanimidade ao naronés Guillermo Sánchez Fojo como secretario xeral do partido, reelixíndoo para ostentar o cargo outros catro anos máis. O alcalde de …

Read More »

Alumnos dos obradoiros de Teatro do Padroado da Cultura actuarán no Auditorio

O Auditorio municipal de Narón acollerá esta fin de semana, sábado e o domingo, as Mostras de Actividade Escolar 2015-2016 dos Obradoiros municipais de Teatro de Narón. Un total de 83 alumnos os Obradoiros de teatro subiranse ao escenario para representar varias obras e poñendo así o broche final ao curso iniciado o pasado mes de outubro e que rematará este mes. A vicepresidenta do …

Read More »

Narón inicia o vindeiro luns a Semana da Mobilidade e Seguridade Vial

O Concello de Narón inaugurará o vindeiro luns 23 os actos da Semana da Mobilidade e Seguridade Vial, que se desenvolverán ata o venres, día 27, en varias ubicacións do municipio e rematarán a o domingo, coa clausura do I Congreso Galego de Seguridade e Educación Vial Cidade de Narón que se iniciará o día 28. O edil de Seguridade Cidadá, Guillermo Sánchez Fojo, presentou as …

Read More »