ENE critica que lles impidan presentar unha moción, e 3 días despois o fan PSOE e EU
Alfonso CasalEliximos Narón mostra a súa desconformidade coa postura dos partidos que gobernan Narón ao non admitirlle recientemnente unha moción para ser levada ao pleno sobre a escola rural de Sedes e días despois PSOE e EU anuncian unha moción co mesmo tema.
Nun comunicado sinalan que «Dende o pasado mes de xaneiro os veciños de Sedes están a esperar que o Concello de Narón aprobase o financiamento de redacción dun Proxecto Técnico (ou esixir á Xunta de Galicia que o asuma) para fundamentar o proceso para promover e xestionar diante da Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña un Programa Experimental de Creación da Escola Rural de Nivel de Educación Infantil Integrada de 0-6 anos, e no marco dos programas de desenvolvemento rural, e có obxectivo de estender a experiencia a outras zonas rurais de Galicia.A proposta dos veciños era que se fixese con prontitude para que se puxese en marcha antes de finalizar o actual curso académico, coa finalidade da súa implantación no curso académico 2016-2017.Fixeron a súa petición a todos os partidos do concello e aos do parlamento galego, e mentres a nivel autonómico estaba a moverse o tema, desde o concello estaba a esperarse a que a Xunta dese o paso para logo apoialo, é dicir, apuntarse un tanto seguro.Debido á falta de acción dos partidos no goberno optamos por presentar unha extensa moción o pasado 2 de maio na que apoiabamos a proposta e esixiamos á Xunta a súa posta en práctica.A pesares de estar próximo o fin de curso a nosa moción non foi admitida a tramite na Comisión Social do Concello o pasado día 18 cos votos en contra de TEGA, PSOE, BNG e a abstención de EU, coa desculpa de que non era urxente.Parece que todas as trampas lles valen para torpedear as iniciativas dos demais e levarse algúns méritos xa que non pasaron 3 días e sae un artigo de prensa dicindo que Catalina García (PSOE) e André Abeledo (EU) están a preparar unha moción co mesmo fin que a que nos acaban de impedir presentar a pleno» .
Pues ya sabe lo que tiene que hacer: un recurso contencioso-administrativo y que al alcalde le tire de las orejas un juez. Así dejará de gobernar Narón como su cortijo particular.
This website uses cookies to improve your experience. We'll assume you're ok with this, but you can opt-out if you wish.AcceptRead More
Pues ya sabe lo que tiene que hacer: un recurso contencioso-administrativo y que al alcalde le tire de las orejas un juez. Así dejará de gobernar Narón como su cortijo particular.