Narón

Presentado en Narón o cartaz e o programa do Oenach Atlántico de Sedes

O local social de Sedes acolleu na tarde do xoves a presentación do programa de actos que se desenvolverá este ano con motivo do Oenach Atlántico de Sedes. A concelleira de Cultura, Marián Ferreiro e a presidenta da AVV Rosa dos Ventos, Julia Montero, presentaron as actividades, que terán lugar do 29 ao 31 de xullo na citada parroquia naronesa. A …

Read More »

Iniciadas as obras do Centro de Dinamización Sociocultural de Pedroso

O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e os edís de Obras e Cultura, Pablo Mauriz e Marián Ferreiro, respectivamente, desprazáronse ata a parroquia de Pedroso para comprobar o avance das obras do Centro de Dinamización Sociocultural da parroquia, ubicado na antiga Reitoral. A empresa Vila Miño Construcciones é a encargada de executar os traballos, que se adxudicaron por un importe de 270.242,28 euros, o …

Read More »

O Concello de Narón e a AEF estudan construír unha escola infantil en Río do Pozo

O concelleiro de Promoción Económica de Narón, Pablo Villamar, e o presidente da Asociación de Empresarios Ferrolterra, José Ramón Franco, reuníronse esta semana para abordar a posibilidade de que esta última entidade solicite a construción dunha escola infantil no polígono industrial de Río do Pozo. A iniciativa impulsaríase ao abeiro dunhas subvencións que a Xunta de Galiza se comprometeu a convocar proximamente para este fin. No …

Read More »

O Parque de Freixeiro acollerá este sábado a «Festa do Xogo»

O Parque de Freixeiro acollerá este sábado, día 25, a I Festa do Xogo organizada polo Padroado da Cultura do Concello de Narón. A convocatoria, dirixida aos nenos e ás súas familias, desenvolverase entre as 17 e as 20 horas cun completo programa de actos lúdicos e didácticos. Así o anunciou a edil de Cultura, Marián Ferreiro quen indicou que a cita permitirá aos asistentes gozar dunha divertida …

Read More »

A gañadora do sorteo da campaña «Comercio de Narón, te Iphone» recibiu hoxe o seu agasallo

Silvia Vidal Feal, veciña de Narón, recibiu esta mañá no Concello de Narón o teléfono móbil Iphone 6S libre sorteado no marco da campaña de primavera Comercio de Narón, te Iphone, dirixida ao sector comercial da localidade e desenvolvida entre o 15 de maio e o 15 de xuño. O concelleiro de Promoción Económica, Pablo Villamar, e Mónica Cereijo, en representación da Asociación de Comercio …

Read More »

Comeza en Narón o «Curso práctico de elaboración de tapas»

O «Curso práctico de elaboración de tapas» impulsado desde o Concello comeza este martes no Centro municipal de Formación Irmás Froilaz As instalacións do Centro de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, acollen na tarde deste martes, entre as 17.00 e as 19.30 horas, a primeira das xornadas do «Curso práctico de elaboración de tapas” enmarcado no programa Narón Gastronómico. O …

Read More »

El PP de Narón celebro su mitin central en Pedroso

El Partido Popular de Narón celebró este lunes su mitin central de campaña en la parroquia de Pedroso, en donde reunieron a más de 200 simpatizantes, acompañados por el conselleiro de cultura y educación, de la Xunta de Galicia, Román Rodríguez. Los populares, confiados en sus buenos resultados en Narón, resaltaron el apoyo que la Xunta ofrece a la educación en …

Read More »

Aberto o prazo de inscrición na Ruta gastronómica Horta de Narón 2016

A Concellería de Promoción Económica de Narón, en colaboración coa Cooperativa do Val, vai desenvolver do 7 ao 10 e do 14 ao 17 de xullo a Ruta gastronómica Horta de Narón 2016, «esta vez a través do recentemente constituído Club Narón Gastronómico, que integra a todos os establecementos que colaboran nas accións promocionais do sector». Así o anunciou o edil de Promoción Económica, …

Read More »

Aparatoso accidente en la carretera de Cedeira, en Narón

Sobre las nueve y cuarto de la noche de este domingo se produjo un aparatoso accidente de tráfico en la carretera AC-566 (carretera de Cedeira) a la altura del número 91, frente a la chatarrería "a mata", en Freixeiro, Narón,  al colisionar un Seat Altea contra un Volkswagen Golf  con el resultado de una mujer herida, ocupante del Golf En …

Read More »

O PP felicita á Consellería de Política Social por dotar dun servicio de conciliación en Sedes

O portavoz de Educación do Grupo Popular, Hipólito Fariñas, saudou onte no Parlamento que a Consellería Política Social xa comunicara ás entidades veciñais da parroquia de Sedes en Narón a súa intención de dotar dun servizo de conciliación da vida laboral e familiar a esta parroquia nas dependencias da escola con prazas de atención á infancia de 0 a 3 anos. Fariñas subliñou que «Galicia está á …

Read More »

O problema do punto limpo como reflexo do Concello de Narón

Eliximos Narón mediante un comunicado sinala referente ao punto limpo que  «Non sabemos si resulta mais sorprendente que sexa agora, despois de tantos anos de funcionamento do punto limpo convivindo co problema dos roubos e abandonos na súa porta, cando o goberno de Narón recoñeza e actúe para tratar de darlle unha solución, ou si aproveite este feito para facerse …

Read More »

O Concello de Narón abre o prazo para comunicar a realización de fogueiras

Os veciños que vaian a realizar unha fogueira en Narón coincidindo coas festividades de San Xoán ou San Pedro deberán comunicalo ao Concello cubrindo unha instancia oficial habilitada para tal fin, podéndose descargar da páxina web ou solicitarse no Rexistro municipal, antes do vindeiro 21 de xuño. Así se recolle nun bando asinado polo alcalde, José Manuel Blanco, e que se repartiu polos diferentes barrios …

Read More »

A parroquia do Val acolle este sábado as Lendas da Pena Molexa

O lugar de Vilasuso, na parroquia do Val, será o vindeiro sábado 18 o escenario de representación das Lendas da Pena Molexa. O Concello de Narón, a través da área de Cultura, e a asociación veciñal Os Irmandiños, do Val, colaboraron un ano máis na organización dun programa que deu comezo o pasado 4 de xuño e que rematará o sábado. Veciños da parroquia que …

Read More »

Xuvia acollerá este fin de semana o «Xuviño Gastronómico»

A concelleira de Feiras e Mercados, Mar Gómez, presentou esta mañá o Xuviño Gastronómico, un evento organizado polo Concello de Narón e que se desenvolverá esta fin de semana, os días 18 e 19, no paseo marítimo de Xuvia. A cita reunirá na localidade a distribuidoras de viños de recoñecidas bodegas do país e tamén, por primeiro ano, a cinco food trucks. Así mesmo, tal …

Read More »

«Estoy aquí a vuestro lado para solidarizarme con vosotros» (Obispo de Mondoñedo-Ferrol en Sedes, Narón)

«Estoy aqui, a vuestro lado, para solidarizarme y estar con vosotros porque cuando alguien sufre debemos estar cerca prestando nuestro apoyo abierto" señaló el obispo de la diócesis de Mondoñedo-Ferrol en el transcurso de una Eucaristía celebrada pasadas las seis de la tarde de este miércoles en la iglesia parroquial de Sedes, en Narón, templo que junto con la capilla …

Read More »

Aberto o plazo para participar na última andaina e á comida do programa «Ponte en ruta con nós»

O programa municipal Ponte en ruta con nós, organizado conxuntamente pola concellería de Deportes de Narón e a empresa Arasti Barca, rematará o vindeiro 3 de xullo. Así o recordou o edil da área, Román Romero, que indicou que a última andaina desta tempada se desenvolverá entre Xuvia e Pedroso, por un tramo duns oito quilómetros, e finalizará cun xantar de confraternidade a partir das …

Read More »

Narón programa unha sesión para nenos de contos, lendas e xogos por San Xoán

A festividade de San Xoán celebrarase este sábado 18 na Biblioteca municipal cunha sesión de contos, lendas e xogos dirixida a nenos a partir de 4 anos. Así o anunciou a concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo, indicando que será preciso anotarse para poder participar, ao dispoñer de vinte prazas que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición. As persoas interesadas deben ter o carné da …

Read More »