Tag Archives: Miguel Alonso

O PxxE

Miguel Alonso Creo que o mellor para o PSOE sería cambiar dunha vez as súas siglas. Así logo non terían problemas cos seus votantes. Es socialista? Es obrero? O es español solamente? preguntábase Javier Krahe naquela marabillosa canción, censurada, por suposto (si, en “democracia”) polo goberno de Felipe González. Mais iso xa é historia pasada. E tan pasada. Chegados ao …

Read More »

Podemos?

Miguel Alonso Estas eleccións europeas espertaron máis interese que calquera outras que eu lembre. É normal. Podíanse entender como unha especie de ensaio de cara ás próximas eleccións nacionais e, ademais, estaba presente a irrupción de novas formacións que podían dar a sorpresa. O caso máis claro foi o de Podemos, a formación do profesor e tertuliano Pablo Iglesias que …

Read More »

Ei, tí, parásito!

Miguel Alonso Ei, amigo! Es novo? Estás no paro? Traballaches e agora recibes unha prestación económica? Non serves para nada, sábelo, non? Es un parásito, un mal que hai que erradicar da sociedade. Tampouco o tomes a mal, ho! Non son eu quen che está a dicir isto, é a ínclita Mónica de Oriol, a presi do Círculo de Empresarios. …

Read More »

A política, os músicos e as cancións

Miguel Alonso Creo que xa escribín algunha vez sobre isto. Perdo os nervios cando comento calquera cousa sobre un tema (o que sexa) e alguén me responde que non se pode politizar todo e que a política só leva ao enfrontamento. Vale calquera tema, dende a morte de Adolfo Suárez ao recibo da luz. E o tema cabréame, de verdade. …

Read More »

A operación Évole

Miguel Alonso O pasado domingo vin, como moitos outros telespectadores, a “Operación Palace” que preparou o xornalista catalán Jordi Évole. Varios días despois, non teño claro aínda se me gustou ou non. Como moitos de vostedes saberán, Évole preparou un falso documental sobre o 23-F, no que propoñía unha teoría alternativa á “oficial”. Para iso, conseguiu que moitos políticos da …

Read More »

A virxe economista

Miguel Alonso Non me gustaría que este artigo se convertese nunha chanza da actitude relixiosa do goberno, porque de broma non ten nada. Como un gobernante (léase neste caso Fernández Díaz) pode dicir en público que Santa Teresa está a interceder polos españois na crise? Non foi o único, lembremos que Fátima Báñez falou hai un tempo da importante contribución …

Read More »

A monarquía miope

Miguel Alonso Que a monarquía española se está a afundir a pasos axigantados é algo que non se lle escapa a ninguén minimamente experto, dun e doutro lado. Por iso, os acólitos de Juan Carlos I quítanlle a este vinte anos de enriba a base de Photoshop na portada do Hola!, provocando as gargalladas de todo o mundo. Lémbrame aos …

Read More »

Os australopithecus e a igualdade de xénero

Miguel Alonso Din, muller, que tes que ser submisa como xa o foron a túa nai e a túa avoa. Dio, en pleno século XXI, un libro publicado polo Arcebispado de Granada, chamado, aí é nada, “Cásate y sé sumisa”. Escríbeo unha “xornalista” italiana e edítao un australopithecus con sotana. Hai quen apela á liberdade de expresión para publicar panfletos …

Read More »

De coitelas e leis

Miguel Alonso Que Rajoy diga que non sabe se as coitelas da cerca de Melilla poden causar danos nas persoas deixa ao descuberto, unha vez máis, a indecencia dun gobernante ao que lle importan moi pouco (por non dicir outra cousa) os dereitos humanos. Por outra banda, tampouco é que iso sorprenda moito xa a estas alturas. O dos dereitos …

Read More »

Clips

Miguel Alonso Vexo na tele a uns señores maiores coa palma dereita levantada na manifestación da Asociación de Vítimas do Terrorismo. Do terrorismo de ETA. Outros terrorismos danlles igual. Non se pode comparar isto, parecen dicir, cos crimes do franquismo, por exemplo. Estou a xantar e observo a un presentador de televisión falar da Doutrina Parot. Di que, por culpa …

Read More »

Os humanos amarelos

Miguel Alonso Dicía Springsteen, na gran Born in the USA, que o mandaron ao exército, a pelexar contra o home amarelo. Referíase, claro, aos combatentes do Vietcong e á guerra de Vietnam. Mais eu non lles falo de ese tipo de home amarelo, senón doutro que está presente na nosa sociedade. Normalmente é xornalista ou director dun xornal e decide, …

Read More »

Facendo amigos

Miguel Alonso Hai países, máis ou menos "democráticos" e logo está España. O de "democráticos" póñoo con todas as dúbidas, mais polo menos é evidente que é o que son para os parámetros de Occidente. Digo isto a raíz das manifestacións e expresións pseudofascistas de certos membros do Partido Popular, fotografándose con bandeiras preconstitucionais, imaxes de Franco ou facendo o …

Read More »

Comeza o novo curso

Miguel Alonso Como se dun colexial se tratase vou intentar volver a escribir nestas páxinas con regularidade. Ás veces é difícil sacar tempo para facelo, como imaxinarán, e máis tal e como están as cousas agora mesmo para todos. Hai moitos temas candentes nas últimas semanas e vai ser difícil tratar todos eles nun só artigo, mais tempo haberá en …

Read More »

Patriotas

Miguel Alonso “Cada vez que dicen patria pienso en el pueblo y me echo a temblar” cantaba o gran Carlos Cano na súa marabillosa “Tango de las madres locas” dedicada ás Madres de la Plaza de Mayo. Nesa canción tamén facía referencia aos curiosos índices de medida dalgúns gobernos: “Con Malvinas o sin Malvinas, dónde está Pedro, dónde está Lidia”. …

Read More »

Mariano

Miguel Alonso Mariano, non me coñeces e dubido que ti e máis eu nos crucemos pola rúa e podamos discutir este tema cara a cara. É unha mágoa. Preséntome. Son Miguel Alonso, músico e psicólogo galego. Son un cidadán deste país e polo tanto parece ser que son español e ti es o meu presidente. Non me gusta, pero es. …

Read More »

Papeis e máis papeis

Miguel Alonso Pasou moito tempo dende a miña última columna neste xornal mais a ausencia non foi motivada por falta de ganas senón de tempo. Nestas semanas sen escribir ocorreron bastantes cosas pero é indubidábel que a noticia máis importante é o ingreso en prisión de Bárcenas e a filtración dos seus papeis na Internet. Téñolles que confesar que non …

Read More »

De escolas e igrexas

Miguel Alonso Ultimamente o traballo e a gravación do novo disco mantéñenme un pouco afastado desta columna de opinión. Ese traballo do que falo, nos últimos tempos, virou cara actividades próximas á psicoloxía creativa e permíteme axudar e orientar a rapaces novos para que desenvolvan o potencial creativo que todos temos dentro. Moi interesante. O caso é que esas actividades …

Read More »

Bipartidismo

Miguel Alonso Parece, se botamos unha ollada ás últimas enquisas, que o bipartidismo PP-PSOE en España está chegando á súa fin. Polo que se ve nas análises de distintos medios, ambos partidos sufrirían unha caída importante e xurdirían con forza as súas alternativas nos extremos, é dicir, UPyD e, sobre todo, Izquierda Unida, que chegaría practicamente a consumar o sorpasso …

Read More »

Boston-Bangladesh

Miguel Alonso Pasadas xa un par de semanas do atentado ocorrido en Boston querería facer unha pequena reflexión sobre o tratamento das noticias nos medios de comunicación e sobre como os lectores as recibimos e interiorizamos. Non creo que sexa necesario dar moitos datos sobre o acto terrorista xa que está aínda moi recente na memoria. Como saben, o 15 …

Read More »

14 de abril

Miguel Alonso O pasado 14 de abril, día de conmemoración da II República, foi, posiblemente, a celebración republicana máis apoiada dos últimos anos. Non é estraño, claro. Os desmandos da Casa Real nos últimos tempos acentuaron en parte da poboación ese sentimento e leváronos a preguntarse se realmente merecía a pena cargar cunha realeza dedicada aos seus propios praceres e …

Read More »