Tag Archives: Miguel Alonso

De narcorrecorridos. Orwell e infantas

Miguel Alonso Non ando con moito tempo pero pasaron tantas cousas nos últimos días que non me atrevo a deixalas pasar de todo. En primeiro lugar,comentarlles que, debido á miña habitual sagacidade musical á hora de atopar os ritmos e sons adecuados para o gran público, insto a tódolos meus amigos músicos a compoñer un narcocorrido. Eu farei o mesmo, …

Read More »

Todo é ETA

Miguel Alonso Cristina Cifuentes, a Delegada do Goberno en Madrid, é unha auténtica mina á hora de crear titulares. O desta vez é tan antigo como o da existencia da política en si: hai que desacreditar ao inimigo comparándoo con algo que poida xeral repulsión na opinión pública. Así, á pensadora Cristina Cifuentes ocorréuselle comparar á Plataforma de Afectados por …

Read More »

Habemus Papam

Miguel Alonso Vaia por diante que non son católico nin creo en ningún deus coñecido. Porén, é inevitable que seguira con certo interese o último conclave, no que se elixiu a Francisco como novo Papa. Fun educado nun colexio católico co cal non teño o menor problema para seguir todo o proceso. Por que –preguntarán vostedes- seguín entón o asunto …

Read More »

O estraño ditador

Miguel Alonso Morreu Hugo Chávez e con el vaise, para ben ou para mal (segundo quen o diga) unha parte importante da historia contemporánea de Latinoamérica e, atreveríame a dicir, de todo o mundo actual. Non coñezo, e dígoo completamente en serio, outro político máis atacado polos medios de comunicación de masas que intentaron facernos crer que este home, que …

Read More »

Fernández Díaz e a libertade

Miguel Alonso O ministro de Interior, Jorge Fernández Díaz, é unha persoa moi intelixente, sen dúbida. Se non, non sería ministro, claro. Non pensarán de min que estou a insinuar o contrario, non? Porén, eu sempre crin que non se pode ser homófobo e intelixente a un mesmo tempo, así que algo debe fallar no meu razoamento. Estou seguro de …

Read More »

Beatriz Talegón

Miguel Alonso Nas últimas semanas puidemos ver ao longo de todas as redes sociais o vídeo dunha moza e militante socialista, Beatriz Talegón, poñendo en xaque aos líderes mundiais do socialismo na reunión da Internacional Socialista. No seu discurso criticaba a perda de valores dos partidos socialistas cunha frase que deu moito que falar xa que os acusaba de “buscar …

Read More »

Roldas de prensa

Miguel Alonso Asegúrolles que no meu entorno non hai nin un só votante do Partido Popular. Non, non é que eu estea rodeado de extremistas radicais de esquerdas deses que rompen España (Deus noso señor libroume dese “mal”). O que pasa é que non teño ningún coñecido que admita ter votado ao PP nas últimas eleccións. Si, sei que algúns …

Read More »

As paredes do día

Miguel Alonso Rebuscando entre antigos arquivos atopei algúns poemas de fai, polo menos, oito ou nove anos. Como curiosidade aquí lles deixo un. Non sexan moi crueis con el. Unha aperta.     Romper as paredes do día. Esta noite é o meu reto contar os lunares do sol camiñando devagar no teu ventre. Mentirche á cara e saber que …

Read More »

Falemos sobre os sobres

Miguel Alonso Como xa saben, un novo escándalo político cinguiuse sobre ese país que non se di país, que se di España. O protagonista de todo o asunto é Luis Bárcenas, ex-tesoreiro do PP, ao que se lle descubriu que tiña varias contas en Suiza con polo menos 22 millóns de euros, que xa son millóns tamén, home. Logo veu …

Read More »

Aleluia

Miguel Alonso Todos os menores de trinta anos temos que estar de celebración xa que remataron os nosos problemas laborais. Si, si. Len ben. Os que non o lean claro, por favor, collan as gafas de ler que isto é importante. Os menores de trinta anos estamos felices. Por que? Preguntaran vostedes: hai unha crise bestial, seis millóns de parados …

Read More »

Primeiras damas, monárquicos e conselleiros

Miguel Alonso O meu pesimismo ante a situación actual do país pídeme que lles felicite xa, por adiantado, o 2014, xa que non creo que o 2013 vaia ser menos funesto que o seu antecesor. Porén, intentemos ser un pouco optimistas, aínda que custe. Non nolo poñen fácil os persoeiros da vida política, que ultimamente cada vez que falan só …

Read More »

A ouvinte indignada

Miguel Alonso Parece ser que o mundo non rematou como din que predixeron os maias. O que está claro é que tampouco a cousa foi moito a mellor. Fálolles do caso da señora que chamou á Radio Galega “expoñendo” os seus problemas lingüísticos con dita canle. Imaxino que xa o coñecen (correu como a pólvora nas redes sociais) pero, por …

Read More »

Deus xa nunca pasa por aquí

Miguel Alonso Eu sempre crín que o da etiqueta “cantautor” era algo que non tiña que atar máis do necesario. Iso si, esa é a miña opinión, non compartida por moitos outros. Sempre fuxín, ás veces de modo inconsciente, das etiquetas, que só serven para confundir á xente. Así, intentei meterme noutros mundos musicais paralelos nos que ninguén consideraba que …

Read More »