O BNG demanda o adecentamento das zonas verdes do Bertón

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol ten que chamar a atención, "unha vez máis", sobre o preocupante estado do Bertón, "onde as zonas verdes están totalmente abandonadas e cubertas de maleza así como o parque canino". Desde o BNG teñen que lamentar que, "unha vez máis, está zona da cidade volve a quedar excluída, goberno tras goberno municipal, dos traballos de mantemento e conservación de zonas verdes".

O BNG lembra que o Concello de Ferrol non ten contrato de limpeza de parques e xardíns desde decembro de 2016, sendo prorrogado en 2017, "pero coa particularidade de que o Bertón estaba fora deste contrato, realizado no seu día polo goberno de José Manuel Rey Varela posteriormente asumido por Ferrol en Común, e agora con Angel Mato à frente segue igual. O último contrato municipal para a conservación desta zona leva meses caducado se que desde o goberno local se teña ningun tipo de previsión de actuar nesta zona".

Xa durante o mandato pasado o BNG xunto aos veciños e veciñas do Bertón ademais de usuarias do parque canino tiveron que mobilizarse en varias ocasións para esixir que se acometeran as labores de mantemento necesarias tras e que, como acontece na actualidade, o goberno local "segue a esquecerse".

O BNG considera que" é o momento de rachar coa dinámica actual no Concello de Ferrol que se limita a reproducir o mesmo modelo de externalización de servizos públicos e apostar por facer unha xestión directa deste servizo, que posibilitaría que o Concello de Ferrol podería atender as necesidades de calquera zona do noso concello sen preocuparse se as mesmas estaban incluidas nun prego ou de ter que facer contratos menores".

2 comments

  1. pacharitaferrolano

    Esto es un problema de SALUD PÚBLICA, señor Alcalde. Por favor, solución ya. Hay niños y mayores por la zona. Le repito Alcalde….SALUD PUBLICA

  2. Manuel Joaquín Rodríguez López

    Es absolutamente necesario