
Despois dos resultados das eleccións xerais celebradas no día de onte, dende Bloque Nacionalista Galego de Ferrol sacan tres conclusións para a cidade.
A primeira ten que ver que co resultado das eleccións xerais de onte. As posibilidades de conformación do goberno local do Concello de Ferrol "pasan inevitablemente por un goberno de coalición". E as alternativas para que isto se produza "reducíronse exclusivamente a dúas". Se temos en conta que o BNG superou con moito nas eleccións locais de 2015 os resultados das xerais de 2016 e que no día de onte, duplicou os votos respecto aos anteriores comicios xerais, a primeira opción sería un goberno alternativo, "dirixido polo BNG ou cun BNG determinante". A segunda opción "pasa pola posibilidade dun goberno continuísta dirixido ou ben polo PSOE ou ben por FeC".
A segunda das conclusións é a evidencia de que en Ferrol "non haberá gobernos de maioría absoluta". Tendo en conta que o PP perdeu o 12% dos seus votos no día de onte respecto ás eleccións xerais, "é obvio que o resultado dos populares será peor que no 2015 e que por tanto, estará moi lonxe de poder en solitario".
Por último, a terceira conclusión "tamén é obvia". O PP "perdeu a posibilidade de acceder á alcaldía da cidade de Ferrol". C’s e VOX cas porcentaxes de votos de onte e "sabendo que o resultado sempre será peor nas eleccións locais que nas xerais (como xa aconteceu en 2015), disputaranse unicamente un concelleiro ou concelleira, polo que a posibilidade de que poidan formar goberno en coalición co PP é imposible para as próximas eleccións de maio de 2019".
Galicia Ártabra Digital Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.
Digo yo que habrá que esperar a ver el resultado de las municipales. Vamos … digo.
Ya se ha coligado con los etarras de HB-BILDU , siga en tan buenas compañías que va a acreditarse