Ángel Mato cualifica de «rotundamente falsas e pura demagoxia» as manifestacións de Feijóo sobre o contrato das fragatas para Navantia

Ángel Mato en rueda de prensa | Adán Puentes

Ángel Mato, candidato socialista á alcaldía de Ferrol, cualificou hoxe de “rotundamente falsas e pura demagoxia electoral” as declaracións do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que dixo que o contrato das fragatas para Navantia puido firmarse hai dez meses.

Boa proba de que Feijóo minte é que non utilizou este argumento cando estivo coa ministra de Defensa en Ferrol en xaneiro, nin tampouco cando estivo co presidente do goberno o pasado mes de decembro”, afirma Mato.

É verdade que nos orzamentos de 2018 existía unha partida de 250 millóns de euros no Ministerio de Industria para financiar a Navantia na construción das fragatas, pero elo non significa que o contrato puidera fimarse, porque nin sequera estaba aprobado o programa tecnolóxico nin decidido que tipo de misil ían levar as fragatas”, lembra o candidato socialista.

Ademais, se houbéramos esperado a que terminara o programa contratado cunha multinacional vinculada a altos cargos do anterior goberno do PP para investigar se era posible utilizar o seu misil, por ser compatible co resto de sistemas, non houbéramos podido contratar as fragatas ata o mes de abril de 2020”, explica.

Por outra parte, engade Mato, “con 250 millóns de euros non se financia un programa plurianual de 4.325 millóns de euros; eses recursos non estaban previstos e quen os obtivo foi o goberno de Pedro Sánchez con dous acordos do Consello de Ministros”. “O Executivo cumpriu as datas de forma escrupulosa”, asevera.

O que ten que facer o señor Feijóo é encargarse das súas competencias, preocuparse dos graves problemas da área sanitaria de Ferrol ou de impulsar os centros tecnolóxicos, para formar aos futuros traballadores de Navantia”, remata Mato.

3 comments

  1. Jajaja Mato te has creído que los ferrolanos somos todos tontos… anda pelea con los 2 que te han impuesto y dejar de soltar tonterías. Política campaña y no los engañad¡ y ya me jode dar la razón al Feijoo

  2. También era rotundamente falso que lle ian imponer gente.. se o hacían dimitia¡¡ e ai esta cosa perxonaxes que lle impuso a casiestalloll Home de palabra¡

  3. Esos términos utilizados hacia Feijoo ,mejor aplicados todavía y más certeros hacia el Doctor Fraude, mister Falcón , Pedro Pikolín, el campeón de los » pucherazos «. ¿ No recuerda la urna preparada con sus votos ? En el Comité del Partido. Tesis Doctoral : 21 por ciento copiado. Ni la hizo él , ni la sabe, ni la leyó ¡Vaya JETA!