Abeledo solicita se revisen as condicións para solicitar as axudas sociais do Concello

André Abeledo - EU Narón

Dende EU Narón entenden "necesario modificar os baremos e revisar as condicións que se esixen a veciñanza para poder solicitar as axudas sociais dende o Concello". Para André Abeledo "é preciso que os baremos se axusten a realidade, ao custo da vida e as necesidades de cada familia, onde además, as condicións teñen que ser revisadas."

Unha das condicións que piden sexa modificada é a esixencia de que o solicitante teña unha antigüidade de empadroamento de seis meses no Concello de Narón.

Para EU Narón "pensamos que é un período excesivo, posto que o obxectivo esgrimido dende o Concello é que este prazo sirve para comprobar que a persoa solicitante non pretende “aproveitarse” pedindo axudas en diferentes concellos, entendemos que un prazo de tres meses, ou menos, é máis que suficiente".

Tamén solicitan que o "Concello teña un maior control e faga un seguimento daquelas organizacións relixiosas que teñen un convenio con Narón, para saber si este servizo funciona dun xeito adecuado e cubre as necesidades da veciñanza que o precisa".

2 comments

  1. ¿No voto a favor del presupuesto de TEGA?

  2. Pero si este sigue a pies juntillas lo que diga TEGA y les apoya todo