Roi Xordo convoca unha asemblea veciñal para tratar sobre participación cidadá
(Foto: Galicia Ártabra).
A Federación de Asociacións Veciñais Roi Xordo convoca a todo o tecido asociativo ferrolán, incluíndo ás entidades veciñais non federadas, a unha reunión no local veciñal da AVV de Ferrol Vello o día 28 do presente e ás 20.00 horas «co fin de analizar a actual situación da participación cidadá por parte do goberno municipal e que nós calificamos de desleixo: constituídas como están as asembleas veciñais non vemos intención algunha por parte do goberno en poñer en marcha o Consello da Veciñanza incorporando xunto cos representates veciñais eleitos aos membros dos consellos sectoriais xa constituídos e, no sucesivo, a aqueles sectores que o goberno teña a ben promover e constituir, xa que aínda non sabemos cales son.Namentras as decisións de calado para a nosa cidade ou ben non se toman ou as que se toman fanse sen que as institucións de participación cidadá podan reunirse para, cando menos, ser informadas e podan elaborar informes e estudos de carñacter consultivo para o goberno e o concello-pleno. Así, os temas estratéxicos para a cidade sucédense uns tras outro nas páxinas da prensa local moitas veces, como a última referida á reforma do plan xeral, a iniciativa dela, e grazas, que por mor desta inicitiva sabemos que o goberno presentou o día 16 de xuño a memora inicial á Xunta. Como este van outros temas que pretendemos tratar e que deberían constituir a axenda dos órganos de participación cidadá; sen pretendermos ser exhautivos:- Plan de integral de mobilidade e espazos públicos.-Convenio de Defensa.- Informe sobre a situacion do DUSI.-Creación do Consello Económico e Social Local.-Informe sobre o estado do Plan de Transporte Metropolitano.-Renda Básica Municipal.- Orzamentos participativos a partir do inicio de debates nos barrios.-Criterios xerais para a elaboración do informe de sostenibilidade medioambiental - Situación dos ARRIS.
Y eso qué es?….porque en Ferrol sólo se la conoce por el nombre y no por las convocatorias de xuntanza para con los vecinos de la ciudad.
El gobierno de la ciudad sólo hace el paripé de cara a la galería.
This website uses cookies to improve your experience. We'll assume you're ok with this, but you can opt-out if you wish.AcceptRead More
Y eso qué es?….porque en Ferrol sólo se la conoce por el nombre y no por las convocatorias de xuntanza para con los vecinos de la ciudad.
El gobierno de la ciudad sólo hace el paripé de cara a la galería.