O PSdG-PSOE de Narón aposta pola xuventude

naron-catalina garciaA candidatura socialista de Narón, Catalina García, organizou na tarde deste mércores, día 20, unha serie de torneos de futbolín, billar e tute pensados para os mozos e as mozas do municipio. A actividade tivo lugar no local social de A Gándara e entre partida e partida os socialistas e as socialistas explicaron aos asistentes as súas propostas no eido da xuventude. A candidata sinalou que "Narón é un concello mozo comparado cos datos poboacionais da comunidade autónoma, xa que o 12,69 % da poboación sitúase na franxa comprendida entre os 15 e os 29 anos de idade. A pesares de representar unha boa parte da sociedade do municipio, a actividade municipal non satisface as súas necesidades e non se teñen en conta as súas inquedanzas." O PSdeG-PSOE de Narón aspira "a facer da xuventude un eixo central da vida cotiá da cidade, poñendo en marcha políticas que impulsen o ocio, a cultura e a súa integración social. Queremos apostar abertamente pola nosa mocidade, e por iso promoveremos a constitución do Consello Municipal da Mocidade para escoitar as súas propostas e as súas ideas", afirma Catalina García. Os socialistas e as socialistas porán en valor e revitalizarán a Casa da Mocidade e o seu complexo contando para elo cos seus usuarios e usuarias. Serán eles e elas quenes decidan cales son os pasos a dar para facer deste espazo “un punto de encontro común, un espazo de lecer, un espazo onde debatir, un espazo onde poder poñer en común aos nosos mozos e ás nosas mozas", indicou García. Asimesmo, a candidata socialista á Alcaldía de Narón aposta por promover a creación dun festival de música enfocado á xuventude, coparticipado polos Concellos de Ferrolterra. O obxectivo é que sexa un festival impulsado desde Narón pero pensado “para toda a mocidade de Ferrolterra, no que participen todos e cada un dos municipios e que vaia rotando cada ano por un diferente”. E é que os socialistas e as socialistas naroneses sinalou Catalina Garcia  “queremos apostar claramente pola mocidade, non só do noso Concello, senón de toda a comarca de Ferrolterra", concluíu a candidata. Ademais, desde o PSdeG-PSOE de Narón habilitarán espazos de ocio nocturno para os mozos e mozas e crearán tamén unha Oficina de Voluntariado. Outras propostas no eido da xuventude son: desenvolver plans de formación promovendo convenios para a realización de prácticas formativas; impulsar plans municipais para o autoemprego e o emprendemento xuvenil; favorecer o xurdimento dun tecido asociativo xuvenil e promover o ocio activo e saudable, así como a práctica de actividades deportivas, culturais e artísticas. Mellorar as becas de transporte para universitarios, impulsar un programa de intercambio de estudantes con outros países; faciliar bonos culturais para facilitar o acceso á cultura e ocio, apostar por programacións especiais coma cine ao aire libre, concertos, festas ou rutas de sendeirismo e crear concursos e certames que premien talentos artísticos de xente novel, son tamén iniciativas que se recollen no programa socialista de Narón.

3 comments

  1. O cuatripartito da vergoña

  2. Esto ex el colmo en cuatro años se pasa por el forro la participación y a ora a vender milongas que es gratis total nose cumplen, lo importante es trincar otros cuatro años? tremenda jeta le echan