O humor en tempos convulsos ou os despistes calculados

burgoa-211114jjburgoa@hotmail.com-TIRANDO A DAR EXPOSICIÓN Por mor da celebración dos 50 anos da creación por Quino da personaxe de  Mafalda, a nena máis irreverente do humor gráfico, a Biblioteca Municipal ferrolá está a celebrar unha interesante exposición bibliográfica titulada “O humor gráfico e Ferrol”. Na exposición, que mostra os fondos sobre humor gráfico existentes na Biblioteca de Ferrol, faise un percorrido por unha serie de autores de España en xeral e de Galicia en particular (cunha pequena extensión do tema a Argentina) que, como testemuñas do seu tempo, amosan a problemática cotiá desde o seu particular punto de vista, moitas veces divertido, outras irónico ou mesmo crispado. Pódense ver nesta exposición obras de ilustradores españois, desde Mingote a Forges, humoristas galegos, desde Castelao a Cebreiro, e autores ferroláns, desde Xaquín Marín a Siro López, pasando polas portadas de revistas emblemáticas como a madrileña La Codorniz ou a catalá Cu Cut, ademais de xoias bibliográficas locais como un exemplar de Ferrol Grotesco, de comezos do século XX. Quizais sería de interese que este notable labor que está a levar a cabo a Biblioteca Municipal amosando e dando a coñecer os seus fondos bibliográficos, puidese ter lugar nun marco máis accesible ao público que a última planta do edificio da Biblioteca. Poderíase pensar para iso nalgún da planta baixa, habilitado con ese obxecto. burgoa-6-1PRAZA DO HUMOR Na cidade de Coruña, non lonxe da Praza de María Pita, atópase a Praza do Humor, anteriormente a súa remodelación chamada a Praza dos Ovos, un lugar moi concorrido e tamén descoidado polo acostumado maltrato dos fins de semana. A praza está presidida por dos mestres galegos do humor: Alfonso Castelao e Álvaro Cunqueiro, sentados en senllos bancos. Na mesma praza, outros persoeiros galegos, tamén esculpidos en bronce, aparecen colocados sobre pedestais: Julio Camba, Fernández Flórez e Vicente Risco, mentres que debuxados no mármore do piso da praza aparecen autores como Groucho Marx ou Mark Twain xunto a Mortadelo e Filemón ou Asterix e Obelix. MUSEO DO HUMOR Rematamos este percorrido no Museo do Humor de Fene, único en Galicia e un dos poucos que temos en España, un espazo de gran interese no ámbito do humorismo. Fai pouco tempo tivo lugar a celebración do XXX aniversario da súa creación, nova da que no seu intre a prensa de Ferrol e da comarca deu unha cumprida información. Fene-museo humor-6-12Non obstante, ninguén explicou a razón da ausencia deste importante acto de Xaquín Marín, fundador do Museo e director do mesmo, con plena dedicación, ata a súa xubilación o ano 2008. Este caso lembra outro recente esquecemento ou despiste calculado: a ausencia da historiadora María Fidalgo no congreso sobre Hildegart no Ateneo Ferrolán. Me pregunto por que a prensa deste país se dedica a dar noticias máis ou menos asépticas e pouco comprometidas, e non afonda no que hai máis aló da propia noticia. Trátase de ignorancia ou cecais de medo escénico ? Xa está ben de periodistas intrépidos.