Este domingo, día16, o BNG de Narón pechará o primeiro ciclo de asembleas abertas da localidade co obxectivo de achegar xente ao proxecto nacionalista cara o futuro máis próximo en termos electorais, os comicios locais do vindeiro mes de maio.
A cuarta charla programada pola organización frontista na localidade, despois de que o Consello Nacional do BNG decidira concorrer ás vindeiras eleccións ás corporacións locais como "BNG Asembleas Abertas", terá lugar no local social da Solaina, na rúa Mercedes Freire Lago, ás 12h do mediodía.
Nestes encontros coa cidadanía, recolleranse aportacións cara a elaboración da candidatura e ideas cara a concreción do programa electoral co que o BNG optará á alcaldía de Narón.
Este domingo asemblea aberta do BNG na Solaina

Galicia Ártabra Digital Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.