A CIG-Ensino presentou a candidatura ás próximas eleccións sindicais

cig-ensino-10-11A CIG-Ensino fixo pública na maña deste luns, día 10,a candidatura da Comarca de Ferrol coa que se vai presentar ás eleccións sindicais do 4 de decembro no ensino público non universitario e nas que terán dereito a voto máis de trinta mil docentes (2165 na comarca de Ferrol) e nas que se elixirán un total 140 delegados e delegadas. As candidaturas da CIG-Ensino están integradas por un total de 697 docentes, 186 pola circunscrición de A Coruña, 47 da nosa comarca, e conformadas por profesorado de todos os niveis educativos, ensinanzas non universitarias e diferentes situacións administrativas, ademais de gardar un criterio de paridade, na nosa comarca 26 mulleres e 22 homes. Nas candidaturas que a CIG-Ensino presenta a estas eleccións, co obxectivo de revalidar os resultados das anteriores, destaca a presenza de docentes involucrados/as na defensa e galeguización do ensino público, na normalización lingüística, implicados coa renovación e innovación educativa, persoas relevantes no ámbito cultural e comprometidas co traballo profesional e co recoñecemento da función docente. Liñas básicas do programa da CIG-Ensino A CIG-Ensino preséntase ás eleccións sindicais "co obxectivo de conseguir outro modelo de representación máis democrático e participativo, continuar na loita contra a LOMCE até conseguir a súa derrogación, combater o desmantelamento do ensino público e acadar a restitución de todos os dereitos laborais , salariais e profesionais do profesorado". Entre as medidas que propón a CIG-Ensino destaca: -Restitución dos horarios e dos dereitos salariais. - Formación permanente gratuíta dentro do horario lectivo -Estabilidade no posto de traballo para o profesorado interino. -Dereito indefinido á xubilación voluntaria aos 60 anos e 25 de servizo ou 30 anos de servizo co 100% das retribucións. Xubilación obrigatoria aos 65 anos. -Aposta por un estatuto galego do profesorado que restitúa os nosos dereitos salariais e laborais, recolla medidas para valorar o noso traballo docente e as reivindicacións . -Procurar un sistema educativo galego, inserido na nosa realidade nacional, baseado no ensino público, na equidade e igualdade de oportunidades, na prevención do fracaso escolar, na xestión democrática dos centros e na revalorización da función docente. -A aprobación dunha lei do sistema educativo galego baseada no ensino público, galego, laico, coeducativo e democrático e nun plan orzamentario que dedique o 7% do PIB a Educación. -Conseguir a derrogación do Decreto do plurilingüismo e a aplicación do Plan de normalización lingüística -Combater os concertos educativos. -Defender un ensino laico . -Uns cadros de persoal amplos e suficientes . -A redución de alumnado por aula: até un máximo de 15 en educación infantil, 20 en primaria e secundaria e 25 en bacharelato. -A xestión democrática dos centros. Soberanía do claustro no ámbito pedagóxico-didáctico e laboral-profesional. Elección democrática das direccións dos centros, incluídas as dos centros integrados. -Supresión das taxas de reposición. -Unha nova planificación do sistema educativo no medio rural . -A dotación e ampliación de persoal de administración e servizos en todos os centros públicos e coidadores e coidadoras onde sexan necesarios. -Reestabelecemento da xornada reducida matinal en xuño e setembro. -Dotación en todos os centros de servizo de comedor e oferta gratuíta das actividade extraescolares. -Restabelecemento da gratuidade dos libros de texto e extensión a todo o material didáctico en educación infantil, primaria e ESO. -Derogación da Lei de convivencia, do Decreto de comedores e de admisión do alumnado e da FP Dual