Celebración do Día de Galicia en Ferrol

praza-himno-galego-660x330 O Concello de Ferrol celebrará este xoves, día 24, xoves os actos institucionais con motivo do Día de Galicia. A cerimonia oficial terá lugar na Praza do Himno Galego, situada no barrio de Esteiro, e dará comezo ás 19:00 horas. Durante o acto de mañá, a Corporación Municipal de Ferrol realizará unha ofrenda floral no monumento a Xosé Fontenla Leal. Ademais, todos os asistentes poderán gozar da actuación do Real Coro Toxos e Froles.