TG e BNG celebran un acto conxunto na «defensa da identidade de Galiza»

naron-BNG-TGNa mañá deste luns, día 21, os portavoces dos grupos municipais de Narón,de TEGA e BNG, Guillermo Sánchez e Pablo Villamar respectivamente, compareceron en rolda de prensa para anunciar a celebración dun acto público na localidade o vindeiro xoves 24, na "defensa da identidade de Galiza como Nación". A organización deste acto ven promovido polo debate acontecido no Pleno do concello do mes de xuño, onde só TEGA respaldaba unha iniciativa do BNG reclamando o dereito a decidir dos galegos e galegas. Será ás 12.00 h. na contorna do monolito emprazado na Rúa Alexandre Bóveda con motivo da declaración do dereito á autodeterminación do pobo galego, aprobada polo pleno da corporación en setembro de 91, onde terá lugar a reivindicación da identidade nacional galega por parte destas dúas organizacións e onde tamén intervirá Antonio Martínez Aneiros, presidente da corporación naronesa naquela data. Na comparecencia pública de convocatoria, fíxose un chamamento á participación á cidadanía local, na defensa dos seus dereitos como galegos e galegas.