The Chíeftains e Milladorio no 30 Festival de Ortigueira

Festival de OrtigueiraLévalo dentro. Sínteo”.  . Con este convite directo aos folkies, presentábase este mediodía na Casa Consistorial o 30 Festival Ortigueira que se celebra do 17 ao 20 de xullo. O alcalde ortegano, Rafael Girón, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e o coordinador do evento, Alberto Balboa, subliñaron o carácter excepcional desta edición, que renderá tributo á historia do certame, e contará como cabezas de cartel con dúas bandas míticas: The Chieftains e Milladoiro. Dous auténticos pesos pesados do folk internacional para unha entrega que promete. Ortigueira ultima os preparativos do evento musical do verán en Galicia. A localidade disponse para a "toma" por parte das miles de persoas que se achegarán para gozar da mellor festa do país. Catro días nos que o espírito celta (amálgama perfecta de liberdade, xolda e convivencia intertribal en plena natureza) o invade todo. O plan para o terceiro fin de semana de xullo- a cita atrásase para adaptarse ao calendario universitario- inclúe catro días e tres noites de música. En total, 15 concertos gratuítos, desfiles de bandas, actividades paralelas e acampada no piñeiral da praia de Morouzos. Todo de balde. A volta de "os Xefes"
(The Chieftains)
(The Chieftains)
A programación do Escenario Alameda vén marcada pola esperadísima presenza en Ortigueira de The Chieftains, os "Embaixadores da música Irlandesa" (medio século de xiras, 6 Grammys, miles de recoñecementos). Dez anos pasaron dende o seu primeiro concerto no Festival, un auténtico acontecemento; e case o mesmo tempo levan a organización e o público demandando unha segunda visita de "os Xefes" que, por fin, se producirá. O outro buque insignia desta "edición para o recordo", será, como non Milladoiro, pioneiro da música folk galega e directamente ligado ás primeiras edicións do Festival, onde coincidirían os seus fundadores. Pero haberá máis: concertos únicos en España, como o da escocesa Treacherous Orchestra ou o espectáculo Fest rock, de Bagad Kemper e Red Cardell; bandas galegas que estrean traballos como a de Pepe Vaamonde ou o reforzado “Proxecto Runas”, o veterano concurso de apoio aos grupos emerxentes. Novidades E entre as novidades, ademais dos concursos vespertinos de gaita e de cuartetos tradicionais, e o curso de verán da USC “Industria musical en Galicia. Identidade e novas tendencias”, a recuperación- nun inequívoco aceno ás primeiras edicións- da figura do presentador, encarnado para a ocasión polo actor Carlos Blanco, que animará as noites do Escenario Alameda co seu humor irónico. Será, en palabras de Girón, unha edición "irrepetible". Por iso sostivo que “brindará a mellor ocasión para que miles de mozos se decidan, por fin, a disfrutar da experiencia única do Festival, e para que aqueles que xa o viviron se decidan a volver”. Aposta estratéxica Potenciar a programación do que o secretario Xeral de Cultura definiu como "un referente mundial do folk", reforzar servizos prioritarios para garantir a seguridade, a limpeza e a comodidade das decenas de miles de visitantes que toman o pobo, de apenas 6.500 veciños, e manter a gratuidade (a excepción do euro que haberán de aboar os que se movan entre a praia e a zona de concertos en bus urbano e o custo do aparcadoiro vixiado) foi posible grazas ao apoio de intituciones e empresas colaboradoras como Deputación da Coruña, Turismo de Galicia, AGADIC, Inaem, Gadisa e Coca Cola, e ao esforzo adicional do Concello de Ortigueira, que permitiu elevar o orzamento ata os 400.000 euros. Trátase dunha aposta estratéxica, dado o impacto económico que ten o evento, declarado Festa de Interese Turístico Internacional, na economía do Ortegal. De feito é clave en sectores como a hostalaría, o comercio ou o transporte, e constitúe unha oportunidade única que, dende hai décadas, supón para proxectar a imaxe de Ortigueira e de Galicia en todo o mundo. ortigueira-cartel 2014PROGRAMACIÓN VENRES 18 DE XULLO 22:00 h- SESIÓN DE CONCERTOS Escenario Alameda Escola de gaitas de Ortigueira(Galicia) Milladoiro (Galicia) Dominic Graham School of Irish dance (Irlanda) Moxie (Irlanda) Ruaille Buaille (País Vasco) 10.00 h- EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA RETROSPECTIVA Claustro Concello Ortigueira 10.00 h- EXPOSICIÓN DE CARTEIS HISTÓRICOS Centro recepción visitantes 12.00 h- FEIRA DE ARTESANÍA Paseo marítimo Apertura das casetas do feiral. 12:00 h- FREE SESSIONS Praza Isabel II 12:30 h- PASACALLES Biblioteca- Alameda Royal Burgh of Renfrew pipe band 13:00 h- PASACALLES Biblioteca- Alameda Banda gaitas Ximiela 16:00 h- CONCURSO INTERNACIONAL DE GAITA Praza Isabel II 18:00 H- PASACALLES Biblioteca- Alameda Banda de gaitas Vila de Mieres 18:30 H- PASACALLES Biblioteca- Alameda Banda de Guillarei 19:00 h- PASACALLES Biblioteca- Alameda Bagad Kemper 20:00 h- FREE SESSIONS Praza Isabel II  
Bellón-Maceiras quinteto
Bellón-Maceiras quinteto
SÁBADO 19 DE XULLO 22:00 h- SESIÓN DE CONCERTOS Escenario Alameda Bellón Maceiras Quinteto (Galicia) The Chieftains (Irlanda) Fest Rock (Bretaña) Treacherous Orchestra (Escocia) Anxo Lorenzo Band (Galicia) 10:00 h- EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA RETROSPECTIVA Claustro Concello Ortigueira 10:00 h- EXPOSICIÓN DE CARTEIS HISTÓRICOS Centro recepción visitantes 12:00 h- FEIRA DE ARTESANÍA Paseo marítimo Apertura das casetas do feiral. 12:00 h- PASACALLES Biblioteca- Alameda- Feira artesanía Cuartetos 13:00 h- PASACALLES Biblioteca- Alameda- Feira artesanía Banda de gaitas de Ladrido 13:30 h- PASACALLES Biblioteca- Alameda-Feira artesanía Banda de gaitas Vila de Mieres 14:00 h- PASACALLES Biblioteca- Alameda-Feira artesanía Banda de gaitas Guillarei 17:00 h- CONCURSO DE CUARTETOS Praza Isabel II 19:00 h- PASACALLES Biblioteca- Alameda Banda de gaitas Ximiela 19:30 h- PASACALLES Biblioteca- Alameda Royal Burgh of Renfrew pie band 20:00 h- PASACALLES Biblioteca- Alameda Rondalla Helios de Bembrive 20:00 h- FREE SESSIONS Praza de Isabel II 20:30 h- CONCERTO NA RÚA Alameda Rondalla Helios de Bembrive 21:00 h- EXHIBICIÓN DANZA IRLANDESA Teatro de Beneficencia Dominic Graham School of Irish dance DOMINGO 20 DE XULLO 12.00 h.- DESFILE DE BANDAS Saída dende PRAZA DE ISABEL II Rondalla Helios de Bembrive Banda de gaitas de Melide Banda de gaitas de Ladrido Banda de gaitas Vila de Mieres Banda de gaitas Ximiela Bagad Kemper Banda de gaitas de Guillarei Royal Burgh of Renfrew pipe band Escola de gaitas de Ortigueira 10:00 h- EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA RETROSPECTIVA Claustro Concello Ortigueira 10:00 h- EXPOSICIÓN CARTEIS HISTÓRICOS Centro recepción visitantes 12:00 h- FEIRA DE ARTESANÍA Paseo marítimo Apertura das casetas do feiral