Entrega do premio de novela longa «Blanco Amor»

eduardo blancoO alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, presidirá este sábado, día 2,  o acto de entrega do XXXI Premio de Novela Longa Blanco Amor. Esta iniciativa promovida polo Concello de Ferrol, terá lugar ás 20:30 horas no Teatro Jofre. O acto estará aberto a todos os públicos e os interesados en asistir poderán recoller a súa entrada, de maneira gratuíta, na despacho do teatro municipal. O galardoado da trixésimo primeira edición do “Premio de Novela Longa Blanco Amor” foi Jorge Llorca Freire coa súa novela “O violín de Rembrandt”. O autor recibirá un premio en metálico de 12.020 euros.