As amas de casa de Neda inauguran o programa de actividades

neda-amas de casaA Asociación de Amas de Casa de Neda inaugurará oficialmente o seu programa de actividades este mércores, día 23, coa celebración dunha misa na igrexa de Santa María, ás seis da tarde, e unha merenda posterior. Actos cos que arrancan a súa programación de actividades neste curso. Neste senso, a asociación explica que manterá aberto o prazo para anotarse nas propostas que levarán a cabo ata o mes de xuño e que inclúen clases de pintura e decoración; bolillos e outras técnicas como bordado a man, canario, encaixe, ganchillo… Clases que se celebran cada semana no Edificio de Usos Múltiples da Toeleira. Así, as persoas interesadas en participar poden obter máis información ou apuntarse no teléfono 650 112 524.