A concelleira de deportes de Narón lamenta que a deputación non conceda o que solicitou o concello

natalia h.A Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida, "ven de lamentar a redución das subvencións deportivas concedidas pola Deputación de A Coruña ó Concello de Narón dentro da convocatoria do ano 2013". Tal e como informou a Concelleira, "Narón solicitou ó abeiro desta convocatoria as seguintes cantidades: -Para infraestructura deportiva (mellora do ximnasio, vestiarios e sala de musculación do Complexo Polideportivo Municipal de A Gándara): 31.775,81 €. Cabe lembrar que o coste total da obra é de 54.154,76 €.. -Para actividade deportiva (Rallie de Narón e Gala do Deporte): 33.224,19 €. Recibida a solicitude, a Deputación de A Coruña ten concedido ó oitavo concello de Galicia –en número de habitantes, segundo o INE- as seguintes cantidades: -Para infraestructura deportiva: 4.603,15 €. -Para actividade deportiva: 2.926 €. Sumando as cantidades solicitadas e as concedidas o resultado é o seguinte: Cantidade total solicitada: 65.000 €. Cantidade total concedida: 7.529,15 €. A redución das subvencións deportivas tamén é considerable respecto á convocatoria do ano 2012, na que se concederon 38.466,76€. Esta redución das subvencións resulta a todas luces incomprensible, tendo en conta que “Narón é un concello cunhas infraestruturas deportivas consolidadas, que son empregadas a diario por máis de 5.000 persoas. Por este motivo “o Concello de Narón critica e lamenta o desprezo que ven de facer a Deputación cun municipio destas características” sinalou a edil de Deportes, Natalia Hermida.  Lamentablemente isto ven a confirmar o que xa denunciaron fai algúns meses as entidades sociais, culturais e deportivas de Narón, cando alertaron do trato que estaban a recibir por parte da Deputación de A Coruña, na concesión de subvencións. Como se lembrará, a Xunta Xeral do Padroado de Deportes –no que están representados os clubs deportivos- elevou unha queixa por escrito á Deputación de A Coruña, pola falta de interese deste órgano provincial na concesión de subvencións a entidades deportivas de Narón no ano 2012. Posteriormente, este mesmo escrito foi levado ó Pleno –celebrado o día 27 de marzo de 2013- a través dunha moción de Terra Galega, aprobada cos votos a favor de TEGA, PSOE, BNG e CG e a abstención do PP. O acordo foi trasladado á presidencia da Deputación Provincial e ós grupos políticos deste organismo."