Presentación en Neda de «Miudiño», de Vicente Araguas

miudiñoA Casa das Palmeiras de Neda será escenario da presentación de "Miudiño", o último libro do escritor, poeta, tradutor e crítico literario Vicente Araguas. A cita co Fillo Predilecto da localidade terá lugar este venres,día 5, ás 20,30 horas, nun acto aberto á participación da veciñanza. O autor estará acompañado da concelleira de Cultura, Eva Olmo, e Francisco Rodríguez, responsable da Editorial Embora.