Antonio Quintía Basoa exporá as súas obras na Alianza Aresana

Quintia-Basoa O artista Antonio Quintía Basoa inaugurará mañá venres día 28 unha mostra das súas obras na Alianza Aresana. A exposición, organizada pola Concellaría de Cultura, estará aberta ao público ata o 15 de xullo, con horario de nove da mañá a dúas, de luns a venres. Ao acto de inauguración acudirá o edil responsables desta área, o socialista Euegnio Fernández Lago, e terá lugar ás oito da tarde.   Por outra banda, o Grupo Municipal de Teatro porá en escea este sábado ás nove da noite a obra “Viva o duque noso amo!”, de Alonso de Santos. A representación desenvolverase no Casino Aresano.