Entrega do premio «José Couso de liberdade de prensa»

jose couso-1Este xoves, día  9, van ter lugar en Ferrol os actos de entrega do IX "Premio José Couso de Liberdade de Prensa", nos que estará presente a gañadora deste ano a xornalista Mónica García Prieto. Os actos do día van dar comezo ás 12:00 horas no Concello de Ferrol, cunha recepción coas autoridades . Sinatura no "libro de Oruro"da cidade  e  continuación, realizarase unha rolda de prensa no mesmo concello. Xa pola tarde, ás 19:30 horas terá lugar a tradicional ofrenda floral na escultura 'Ás Ceibes' no Cantón de Molins. Ás 20:30 horas realizarase a entrega do premio e a continuación terá lugar o Concerto da Liberdade, interpretado este ano polo grupo "Música Doméstica", no Teatro Jofre.