Rematou con éxito o plan de emprego en Fene

concello-de-feneO pasado xoves, día 14 , rematou con éxito en Fene o "Plan de emprego da provincia da Coruña"  que se levou a cabo por un convenio de colaboración entre a deputación provincial da Coruña e a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia para a prestación de servizos sociais básicos nos concellos e para a contratación de persoas desempregados. O concello de Fene se inscribeu nese "plan de emprego" para a execución da memoria valorada “Mantemento de infraestructuras viarias e pequenas obras municipais no concello de Fene” por importe de 23.901,69 euros e por seis meses de duración. O Concello aportou a maquinaria, ferramenta, equipamento e os materiais para a realización das tarefas solicitadas. A deputación da Coruña contratou e costeou as catro persoas desempregadas para realizar as tarefas solicitadas, que tiveron unha xornada laboral de 30 horas semanais. As obras consistiron fundamentalmente en : *-Limpeza e desbroce de rede viaria municipal e limpeza de espazos públicos en Fene Perlio e San Valentín. - Limpeza pista polideportiva Fene -Limpeza e acondicionamento pista polideportiva Limodre, incluindo o arranxo de vestiarios. -Limpeza e acondicionamento pista polideportiva Sillobre -Limpeza e acondicionamento pista polideportiva Maniños.