Elexida a coordinadora comarcal de ANOVA-Irmandade Nacionalista

Anova-Irmandade_NacionalistaSegún nota enviada  a Galicia Ártabra Digital "Fai uns días  tivo lugar en Ferrol a Asemblea Constituínte de Ferrol, na que se escolleu unha coordenadora local conformada por sete persoas e que comenzarán, de forma conxunta coa cidadanía, a súa actividade política para frear o expolio ás clases traballadoras e ao país por parte dos nosos gobernantes. Elixíronse as seguintes persoas e repartíronse as responsabilidades dentro da propia coordenadora, - Coordenador local: X. Lois Lois Navaza. - Responsable de Organización: César X. Manso Platas. - Responsable de Finanzas: X. Manuel Pazo Blanco. - Área de Movementos Sociais: Xosé Mª Fontao Pita e Lois Rico Castro. - Área de Mocidade: Aine Lois Manso. Queremos manifestar o noso apoio á manifestación nacional convocada por Queremos Galego baixo o lema pola lingua que nos une: queremos galego na escola! para o vindeiro 27 de xaneiro, que sairá ás 12 h da Alameda de Santiago de Compostela. Convidamos á cidadanía a participar nesta manifestación e futuras mobilizacións contra as agresións á nosa lingua e á nosa identidade por parte do goberno central e pola derogación do decreto de plurilingüismo da Xunta e contra o proxecto de lei de educación do ministro Wert, que pretende reducir a nosa lingua á mínima expresión. "