A raiña do vento

Miguel Alonso Unha das cancións que máis alegrías me de na miña vida musical foi “A raíña do vento”. É unha canción que escribín para o meu último disco “A noite dos cans”. Deume moitas alegrías, digo, porque frecuentemente achégaseme xente nos concertos a dicirme o moito que lles gusta e lles di este tema. Outras moitas veces teño visto como a xente a compartía polas redes sociais en referencia a algún triste suceso da actualidade relacionado coa violencia de xénero. É curioso, porque en principio eu só pensaba plasmar na letra a necesidade imperiosa de igualdade entre homes e mulleres (algo que non se cumpre aínda, díganllo ás moitas mulleres que cobran menos que os seus compañeiros de traballo por facer o mesmo). Resumíndoo moito, fala de necesidade de liberdade nunha sociedade que segue a ser eminentemente machista. Aquí lles deixo a letra e un vídeo tocándoa en directo na TVG. Oxalá lles guste. Voou sen máis bandeira que as súas cadeiras. nesta fuxida, sen punto de partida nin fin de viaxe.   Feliz de verse soa sen un perdoa en cada día con mil mentiras por equipaxe. Fuxiu e coroouse raíña do vento que lle levantaba a saia a Marilyn. Escapou disfrazada dos seus mellores momentos, de boneca rusa con aire de Steve McQueen. Por fin os tempos cambiaban, no cd cantaba o vello Bob Dylan, coma unha ladaíña coma un futuro. Café para non ficar durmida por se acaso a vida lle sorría, e non perderse cada día en tempos escuros. Fuxiu…  De nena boa con aires de James Dean. http://www.youtube.com/watch?v=CL49JLkqoSI