
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas destaca que o Parque Natural das Fraguas do Eume recibiron un total de 19.587 visitantes entre os meses de xaneiro e setembro. Dende o centro de recepción de visitantes particulares deste parque natural aseguran que máis do 57 % das visitas proceden de fora de Galicia e máis do 38 % veñen na Comunidade autónoma galega, mentres que o 4,8% son estranxeiros.
Durante este exercicio, recibíronse máis visitantes que no ano anterior que pasaron polo Parque das Fraguas do eume un total de 19.521 persoas entre os meses de xaneiro e setembro. O mes que tivo máis visitas foi o de agosto, tanto no relacionado con visitantes particulares, como en grupos.
Cabe sinalar que é o sistema de grupos o que menos se observa neste espazo natural ao longo do ano, sendo moitos máis os que o visitan de forma particular que sumaron un total de 14.558 persoas.
| Mes |
Visitantes particulares |
Visitantes en grupos (total) |
Total visitantes |
| Xaneiro |
232 |
0 |
232 |
| Febreiro |
271 |
0 |
271 |
| Marzo |
387 |
293 |
680 |
| Abril |
1.160 |
535 |
1.695 |
| Maio |
980 |
967 |
1.947 |
| Xuño |
899 |
670 |
1.569 |
| Xullo |
3.496 |
0 |
3.496 |
| Agosto |
7.133 |
0 |
7.133 |
| Setembro |
2.414 |
150 |
2.564 |
| Total anual 2012 |
14.558 |
2.465 |
19.587 |