
Desde o Bloque Nacionalista Galego de Ferrol esixen ao goberno local que "deixe de mirar para outro lado" respecto do problema do sistema de depuración da cidade e "resolva aquelas cuestións que están afectando directamente aos ferroláns e ferrolás". Para o BNG é hora que o goberno local "priorice os intereses dos veciños e veciñas de Ferrol frente os intereses de Emafesa". O alcalde de Ferrol "debe mudar a súa prioridade que ten que deixar se ser o saneamento financeiro da empresa para pasar a ser a mellora do servizo e a redución dos custos que actualmente se están a cargar sobre os veciños e veciñas da cidade cunha taxa desorbitada".
O goberno local segue "sen esixir responsabilidades a Xunta por entregar unha depuradora defectuosa en 2015 e sen pedirlle que asuma os custes da sua reparación, segue sen esixir ao Estado que pague a parte que lle corresponde da construción da infraestrutura e na que non puxo un só euro, segue sen anular a taxa sobredimensionada que incorpora importes por traballos que non se fixeron pero que si lle está a cobrar aos veciños e veciñas como o saneamento do rural e segue sen resolver os centos de recursos presentados polos veciños e veciñas ou tramitados polo BNG fronte a estes recibos e a taxa. Segue a permitir que Emafesa emita recibos de depuración sobre a base dun protocolo de execución concertada que caducou en 2016 e sen xustificar".
Todo isto supón "un desproposito que o goberno local pretende ocultar facendo de cobrador de Emafesa diante doutros concellos cómplices deste dislate co obxectivo pioritario de sanear a empresa mentres non moven un dedo para poñerse do lado dos ferroláns que estan a asumir constantemente os excesivos importes derivados do sistema de depuración".
Galicia Ártabra Digital Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.