
Diante do anuncio do goberno de suspender a aplicación da regra de gasto o Bloque Nacionalista Galego de Ferrol "demanda ao goberno local que desbote a idea de non presentar orzamentos para este ano 2020".
O anuncio do goberno "non suspende a Lei de Estabilidade nin o impedimento para incrementar o gasto por riba dos ingresos correntes pero a política económica deste Concello leva anos nunha situación agónica, produto do austericidio económico imposto polo PP e a falla de orzamentos".
Hai que lembrar que a "mal chamada lei de estabilidade, que debería chamarse de austeridade, seguirá vixente, impedindo que os concellos poidan superar os ingresos correntes con gastos en servizos públicos e investimentos e obrigandolles a pagar aos bancos como prioridade nos seus orzamentos".
A regla de gasto únicamente "condiciona o límite de gasto dun ano en funcion do gasto do ano anterior. Canto menos se gasta menos se pode gastar ao ano seguinte, por tanto, si se reduce o gasto un ano esta limitación condiciona a posibilidade de gasto do ano seguinte".
Ferrol "leva anos reducindo o seu gasto ao carecer de orzamentos e o anuncio do goberno de non desenvolver un presuposto para este ano 2020 vai no mesmo senso". Polo que si realmente o anuncio do goberno do Estado se concreta, "que este Concello renuncie a desenvolver uns orzamentos sen estar condicionado polos do ano pasado nin a regra de gasto suporia insistir na política pírrica de gasto e un suicidio económico".
Diante da posible eliminación da regra de gasto para 2020 "sería unha absoluta neglixencia política non contar con orzamentos en 2020".
Según o BNG, a política económica desenvolvida desde 2012 neste Concello "promoveu a redución do gasto público, às privatizacións, o incremento da presión fiscal e o pago da débeda e as amnistías fiscais. O informe trimestral que mañá vai a comisión de facenda así o volve a poñer de relevo".
Cunha débeda pública "ridícula do 17%, o limite legal pola lei de estabilidade é do 110%". "O pouco que podemos gastar non se gasta, como demostra a porcentaxe de execución dos investimentos que non chega ao 8,3% e os que teñen que pagar non pagan: nin o canón de emafesa, nin os 900.000€ da Autoridade Portuaria, e dos 16 millóns de participación nos orzamentos do Estado que deberiamos recibir só recibimos 6 millóns".
Ferrol "precisa un cambio radical na súa política económica e para iso é fundamental contar cun orzamento municipal para 2020 e máis nas circustancias actuais".
Galicia Ártabra Digital Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.