Mañá proxectarase no parque Raíña Sofía a película “Kung Fu Panda”

Necesidades de última hora por parte da productora que se encarga da actividade de cine na rúa obrigan a modificar a proxección que mañá pola tarde terá lugar no parque Raíña Sofía, según informan dende o Concello de Ferrol.

Inicialmente estaba previsto o pase de "Coco", tal como figura no programa de festas, pero o filme que se exhibirá será "Kung Fu Panda". O horario mantense: será ás 20.30.