O senador ferrolán Julio Barros é nomeado vicepresidente primeiro da comisión de Regulamento do Senado

O senador Julio Barros na comisión no Senado | PSOE

O senador ferrolán socialista Julio Barros foi nomeado vicepresidente primeiro da comisión de Regulamento do Senado e vogal nas comisións de Seguridade Nacional, Fomento e "Cooperación Internacional al Desarrollo". A designación tivo lugar nas sesións de constitución celebradas no Congreso e o Senado os días 30 e 31 de xullo.

O senador Barros mostrouse moi satisfeito coa confianza depositada polo grupo socialista e as responsabilidades asignadas, nas que para o seu desempeño terá sempre en conta moi especialmente os intereses de Ferrol e a súa comarca.