Este domingo ás 18:30 horas na Praza de Amboage de Ferrol bota a andar o 'Cooperativismo en Movemento', unha actividade impulsada desde a Subdireción xeral de Economía Social
A actividade chámase "COOPERATIVISMO EN MOVEMENTO" é trátase dun evento itinerante que quere ir deixando en cada unha das súas paradas a esencia do valor do cooperativismo.
O espectáculo "A illa sen tesouro" da Compañía Teatro Ghazaflehos é un espectáculo para todos os públicos, que transmite os beneficios do traballo conxunto a través da diversión e a alegría.
Como complemento ao evento e na mesma praza colocarase unha exposición en paneis sobre o cooperativismo en Galicia.
Galicia Ártabra Digital Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.