¿Que podes facer este venres, día 17 de maio?

--Día das Letras Galegas (Festivo na Comunidade de Galicia)

--Día Mundial das Telecomunicacións e a Sociedade da Información.

--Día Internacional contra a Homofobia e a Transfobia.

--Día da internet.

--Día Internacional da Reciclaxe.

--Día Mundial da Hipertensión.

--Santos Pascual Bailón ( Patrón de obras, asociacións e congresos Eucarísticos, dos cociñeiros, ), Pablo, Adrión e Heradio.

--Tal día como hoxe:

(1810)- Naceu en Ferrol Patricio Montojo e Albizu. Vicealmirante da Armada. En 1861 foi capitán do porto da Habana.

(1863)- Sae do prelo o libro Cantares galegos, de Rosalía de Castro

(1963) – Primeiro Día dás Letras Galegas


--O tempo hoxe en Ferrol. Anúnciase un día con chuvascos . Haberá unha temperatura máxima de 15º e unha mínima de 11 º. Choiva 50 %.

                                                                           ----ooOoo----
ACTIVIDADES PARTIDOS POLÍTICOS

En Ferrol

PARTIDO POPULAR

--11.45 h.. O candidato á Alcaldía de Ferrol, José Manuel Rey Varela, realizará declaracións no parque da Ranita.

--12.00 h. Percorrido polo barrio de Canido. (Punto de encontro praza Cruceiro de Canido)

--17.00 h. Local AVV Valón. Asiste aos actos institucionais con motivo do Día das Letras Galegas

--20.00 h. Encontro con veciños do Ensanche. Gran Hotel Ferrol.

FERROL EN COMÚN

-O candidato á alcaldía, Jorge Suárez, e outras persoas da candidatura participan na concentración pola Lingua Galega , na praza vella ás 12.00 horas.
PSdG-PSOE

--Ás 11.00 horas, na pasarela peatonal que da acceso ao porto de Ferrol o candidato socialista á alcaldía de Ferrol, Ángel Mato, fará declaracións para presentar as súas propostas de industria e medio ambiente.

CIUDADANOS

12.00 h- Presentación dun novo vídeo.

12.00 h- Visita ao barrio da Magdalena, zona Amboage

18.00 h- Visita ao barrio do Ensanche A
.
MAREA DE FERROL

--Ás 11.30 horas, ofrenda floral na Praza Rosalía de Castro

--Ás 12.00 horas na Praza Vella, participación na Concentración organizada pola Plataforma Queremos Galego.

--Ás 18.00 horas, reparto do programa electoral na Praza Vella, e unha pequena homenaxe diante da casa de Carvalho Calero.

SENTIMIENTO FERROLANO

--O equipo de Sentimento Ferrolán acudirá ao acto organizado para este día pola asociación de veciños de San Xoan- Bertón

Ás 17:00 h. visita ao Barrio de Catabois.

En Narón

PSdG-PSOE

--10:00 h, O candidato José David Pita e integrantes da lista electoral realizarán un reparto informativo en Doso.

--13:30 h, O candidato José David Pita e integrantes da lista electoral participan na festa do lisco.

--17:00 h, O candidato José David Pita e integrantes da lista electoral realizarán un reparto informativo en Pedroso.

CIUDADANOS

-- Ás 12 horas visita ao el local social de San Xiao

En Cariño

PSdG-PSOE

--Ás 19.30 h. Na Casa da Cultura acto aberto. Interveñen Pilar Cancela, deputada electa rJosé Miguel Alonso Pumar, candidato á alcaldía.

En Valdoviño

PSdG-PSOE

--O candidato á Alcaldía de Valdoviño e actual rexidor, Alberto González, levará esta fin de semana as súas propostas e proxectos para que Valdoviño vaia a máis ás parroquias de Sequeiro, Aviño e Lago.
Acompañado dos integrantes da súa candidatura, organizará este venres, 17
de maio, un mitin no local social de Loira ás 11,30 horas e, no local social
da Carreira, en Sequeiro, a partir das 18 horas.

                                                          --ooOoo--

LETRAS GALEGAS 2019

EN FERROL

Celebración institucional na Asociación de Veciños de Valón do Día Grande das Nosas Letras, que este ano se dedica a Antón Fraguas, co seguinte programa institucional.
Para os mais pequenxs
11:30 h: Contacontos ilustrado de Antón Fraguas con música
12:30 h: Espectáculo infantil "As Parábolas de Pakolas"
17:00 h: Acto Institucional do Concello de Ferrol presidido polo alcalde, Jorge Suárez, a fronte da corporación local. Local da AVV de Valón.
17:15 h: Actuación da Coral Polifónica Armonía
18:00 h: Actuación do grupo Encrucillada
19:00 h: Actuación e peche a cargo do Real Coro Toxos e Froles.

Transporte de balde:
Haberá dous autobuses para trasladarse a Valón, ida e volta, cos seguintes horarios e paradas:
- 10:30 e 16:30 da praza do Inferniño (fronte ao Centro Cívico) e desde Doniños e Esmelle
- 13:30 e 20:30 desde Valón á praza do Inferniño e a Doniños e Esmelle.

--A plataforma cidadá Queremos Galego, composta por máis de 700 entidades, organizou para o vindeiro 17 de maio, Día das Letras, unha ducia de mobilizacións nas principais cidades e vilas do país para esixir “liberdade, igualdade e xustiza para o galego". Baixo o lema “Máis que nunca, Queremos Galego”, o colectivo quere recordar a importancia que os servizos municipais de normalización lingüística, as empresas concesionaras ou a formación do funcionariado seguen a ter para a defensa da lingua en todas as comarcas, en todos os concellos. En Ferrol a cita é ás 12h do mediodía na Praza Vella. Haberá actuacións musicais de dous grupos que interpretarán pezas de Rosalía de Castro, Eduardo Pondal, Carvalho Calero e Manuel María. Finalmente darase  lectura o manifesto por parte de artistas invitados/as.

EN NARÓN

--O hall do Pazo da Cultura (polo anunciado mal tempo), acollerá este ano unha nova edición de “N de Narón: A festa das Letras”. A programación desenvolverase ao longo de todo o día tanto os espectáculos como as actividades que se propoñen para os nenos e nenas.
Abrirá os actos un espectáculo de maxia, a cargo do ilusionista Martín Camiña, centrado na vida de Antonio Fraguas. “Antonio… Fraguas unhas ilusións con nós?” é o título deste espectáculo, que dará comezo ás 12.00 horas.
Ao mediodía, a partir das 13.00 horas, será o turno de Fantoches Baj (Inacio e Carlos Quintá), que protagonizarán o espectáculo “Os romeiros do caracol”, baseado no estudo sobre as romarías de Antón Fraguas.
A programación da tarde comezará ás 17.30 horas, co espectáculo Nono, da compañía Pistacatro. Trátase dunha proposta de mimo, marionetas, malabares e clown. A continuación, sobre as 18.30 horas, será o turno de María Fumaça, familia que cumpre cinco anos. “As que máis molan” é o título do espectáculo que chegará a Narón á Praza da Lectura.
A maiores de todos estes espectáculos, durante todo o día haberá un espectáculo sensorial dirixido a bebés: Alfombra Máxica, de Mirari Urruzola. Así mesmo, no espazo Garabato de xogos, pensado para todo tipo de públicos, poderase xogar con elementos realizados con materiais de refugallo, A terceira das propostas é o Espazo Percubebé, con Marcelo Dobode e Bea Martínez, que traen a Narón un obradoiro musical, centrado no mundo da percusión e da arpa.
Haberá tamén un espazo de lectura, cun stand propio da Biblioteca municipal e dous das librarías Day e Galicia.

--A Sociedade Cultural Areosa organiza no local social de Piñeiros , as 17.00 horas, a actuación do grupo de gaitas do Padroado da Cultura e baile tradicional co grupo de abile infantil do Padroado. Rematarase cunha chocolatada.

EN MUGARDOS

--Os actos en torno ás Letras Galegas continuarán hoxe cunha serie de actos promovidos pola asociación cultural Apelón .
Está convocada unha xuntanza ás 13.00 horas na Praza do Concello –ou no interior da OMIX se chove-. Alí glosarase a figura de Antón Fraguas, o homenaxeado deste ano, e repartiranse libros e globos. A continuación comezará un percorrido, acompañado de gaitas, ata o peirao. No Cantón de Cora terá lugar unha comida de confraternidade, para a que xa están a prazas cubertas, e pola tarde, a partir das cinco, haberá xogos populares.
O mesmo venres, actuación da Rondalla Mugardesa e a Coral Casino Progreso de Franza. A cita será ás 19.00 horas no Casino Progreso de Franza, que colabora na iniciativa.

EN ORTIGUEIRA

--Ortigueira celebra o Día das Letras Galegas con música e poesía desde as 12.00 horas na praza de Isabel II. Actuarán a asociación cultural Gamelas e Anduriñas e a charanga New Belters e haberá un recital poético. A organización corre a cargo da asociación Galioart, que entregará nesta mesma data os premios do certame de poesía convocado con motivo do Día das Letras Galegas.

                                                                 --ooOoo--

No social

--Os socios e socias do Espazo +60 de Ferrol de Afundación, a Obra Social de Abanca, puxeron en marcha unha tenda solidaria cuxos beneficios se destinarán á Cociña Económica da cidade. Esta aberta ata o próximo día 23 no propio Espazo +60, en horario de 10.00 a 13.00 h e de 17.00 a 20.00 h.
Os produtos que se poden comprar na tenda solidaria foron elaborados por persoas voluntarias do Espazo +60 de Ferrol participantes no «Taller solidario» durante todo o curso. Neste mercadillo poderanse atopar traballos de artesanía, cestas, bolsos, carteiras, pulseiras, manteis, roupa de bebé ou colares, entre outros.

No Cultural

-- No Museo da Construción Naval nova exposición sobre o mosteiro de Sobrado dos Monxes.
A mostra pode visitarse no horario habitual do Museo da Construción Naval, de 10.00 a 20.00 horas, todos os días excepto os luns, que permanece pechado.

--No Centro Cultural Torrente Ballester exposición "Fume" de Fer Patiño. Ata o día 19 de maio.

-- Exposición do Premio Internacional de Gravado e Veu Pedro Vivanco a sede ferrolá de Afundación. A mostra é a antesala do IV Salón Profesional do Viño, ' Fevino', que terá lugar no mesmo edificio do centro de Ferrol os días 4 e 5 de xuño.

--No Ateneo Ferrolán, ata o día 31, exposición de pinturas "Nova York" de Lis.

--No Ateneo Ferrolán, ata o día 30 de xuño, exposición fotográfica "Vos soños esquecidos" de espazos abandonados feita por Carlos Muiños Mfh Ferrol, fotógrafo aficcionado de FerrouCerca de 40 fotografías da súa temática preferida; as fotografías de espazos abandonados. Nesta nova mostra pódense ver algunhas fotos inéditas e outras xa coñecidas da súa ampla colección.

--O Consello da Cultura Galega e Afundación, a Obra Social de ABANCA, presentan a exposición «Son de Galicia», unha mostra que recolle o espírito dunha época que definiu, a través dá música e do baile, a nosa identidade. Un relato que é posible construír a través dous arquivos dous catro coros históricos que permanecen activos: Toxos e Froles, Cantigas dá Terra, Coral de Ruada e Cantigas e Agarimos.

--A Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao acolle unha nova exposición protagonizada por esculturas realizadas en ferro do artista Cipriano Lourido. Ship of fools é o nome desta mostra que está formada por dez obras esculpidas en ferro, cobre, latón e aceiro e que se completa con seis cadros pictóricos. A exposición poderase visitar ata o 25 de maio, en horario de doce a dous e de seis a oito.

--Actuación da Rondalla Só Elas, ás 8 da tarde, no centro cívico está organizada pola Asociación de Veciños de Caranza dentro do Programa Ferrol Escena do Concello de Ferrol, é a primeira actuación da Rondalla no barrio de Caranza
A entrada é libre e gratuíta ata completar aforo no Salón de Actos do Centro Cívic

                                                                               --ooOoo--

EN NARÓN

No deportivo

De 11.00 a 19.00 horas no Campo de fútbol de Sinde (O Val) " Campionato Galego de seleccións comarcais", xogarán oito selecciones: catro mulleres e catro masculinas da oruña, Vigo, Pontevedra e Ferrol
As semifinais disputaranse en horario de mañá e pola tarde, a partir das 16.30 xogaranse o terceiro e cuarto posto de ambas categorías e a partir das 17.45 horas serán as finais. Organiza a Real Federación Galega de Fútbol e colaboran o Concello de Narón e a Sociedade Deportiva Sinde, do Val.

No festivo

--Ás 13.30 h. na Pista polideportiva de Doso "Festa do lisco". A AVV A Naveira, de Doso organiza esta xornada gastronómica en colaboración co Concello de Narón. Os tickets para degustar paella, liscos á brasa, cachelos, pan, bola e bebidas e café poden adquirise ata esgotar existencias no local social. Un grupo musical amenizará a sesión vermú e a sobremesa.

No social

--Ás 18:30 horas, Eliximos Narón organiza un conferencia-debate sobre o Blindaxe das Pensións na Constitución, en apoio á “Mesa Estatal por el Blindaje de las Pensiones – MERP”, recentemente premiada coa “distinción a la defensa de los derechos y libertades constitucionales” pola Generalitat Valenciana.

O acto que contará co portavoz da MERP Joanen Cunyat e coa participación de outros actores sociais.