
Onte, mércores 15 de maio, Marea de Ferrol continuou as súas xuntanzas con diversas asociacións de veciñanza da zona rural de Ferrol, concretamente a de San Salvador de Serantes, A Cabana e A Graña.
Ademáis de explicar en todos os casos as súas propostas relacionadas co ámbito da zona rural e con aqueles servizos que o Concello debe prestar ao conxunto do territorio, puideron "recoller as demandas e preocupacións máis latentes en cada parroquia", onde seguen constatando "que en todas as zonas do rural acúsase unha importante deixadez e abandono por parte do Concello".
Para Marea de Ferrol "repítese a constante preocupación polo saneamento, malestar pola burocracia administrativa ou o recorte de subvencións. Coincidimos tamén co movemento asociativo do rural na imperiosa necesidade de establecer un plan de mantemento "do que hai", centros socioculturais, instalacións deportivas, zonas verdes, estradas, etc. É preciso eliminar a precariedade na que se atopan as infraestruturas propias do Concello".
Así mesmo, "síntese en todos os casos as dificultades de comunicación e de operatividade que implica a imposibilidade de canalizar unha participación axeitada na toma de decisións que teñen que ver cos diferentes ámbitos de acutación e territorios que conforman o Concello".
Galicia Ártabra Digital Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.