O II Festival Porta Máxica foi presentado no Concello de Ferrol

Suso Basterrechea na presentación | Concello de Ferrol

O ano empezará con maxia e ilusionismo, coa segunda edición do Festival Porta Máxica que terá lugar o 2, 3 e 4 de xaneiro e que foi presentado na mañá do xoves polo concelleiro de Cultura, Suso Basterrechea.

Nesta segunda edición “imos contar con obradoiros de ilusionismo, obradoiros e actuacións gratuitas”, afirmaba Suso Basterrechea, como tamén terá a súa parte solidaria achegando este evento ao Hospital Arquitecto Marcide e ao Centro de Persoas Maiores de Caranza.

Este evento é de carácter internacional “con magos franceses”, aos que se suman magos procedentes de lugares tan diversos como Barcelona, Carballo, A Coruña e Ferrol.

As inscripcións para os obradoiros, destinadas a nenos e nenas entre 6 e 12 anos con preferencia para os empadroados en Ferrol, estará aberta dende o 21 ao 27 de decembro, onde todas as persoas interesadas deben facer a inscripción no rexistro municipal. O documento de inscripción poderá descargarse da web do Concello de Ferrol, onde os participantes deberán escoller un dos lugares do obradoiro “para así facilitar a distribución”, afirmaba Suso Basterrechea.

DÍA 2 DE XANEIRO

12:30 Obradoiro de maxia - Asociación de Veciños de Valón
17:00 - Obradoiro de maxia - Centro Cívico de Caranza
18:30 - Álex Louzao presenta "De ilusións tamén se vive" - Centro Cívico de Caranza ENTRADA LIBRE

DÍA 3 DE XANEIRO

11:00 - Obradoiro de maxia - Biblioteca Municipal (Praza de España)
12:30 - Obradoiro de maxia - Centro Cultural Carballo Calero
17:00 - Espectáculo de Joshua Kenneth - Centro Cultural Torrente Ballester - ENTRADA LIBRE
19:30 - Gala de maxia Lorc & Julit, co Colectivo Máxico Lorc & Julit, Joshua Kenneth e Álex Louzao. Presenta: Mag Marín - Teatro Jofre

DÍA 4 DE XANEIRO

11:00 - Maxia solidaria - Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol*
12:00 - Maxia solidaria - Residencia de maiores de Caranza*
18:00 - Gala Porta Máxica, con Gaëtan Bloom, El Gran Carlini, Jordan Gomez, Mag Marín. Presenta: Martín Varela - Teatro Jofre
20:30 - Gala Porta Máxica, con Gaëtan Bloom, El Gran Carlini, Jordan Gomez, Mag Marín. Presenta: Martín Varela - Teatro Jofre

* O horario pode variar según a organización do Complexo Hospitalario CHUF e da Residencia de Maiores