Nova cita internacional para Inés Santiago na Copa do Mundo de Hungría

Inés Santiago nunha proba - Triatlón Ferrol

Inés Santiago foi seleccionada de novo para a Copa do Mundo de Tiszaujvaros que este sábado celebra a súa semifinal para entrar na final que decida as mellores da cita internacional.

A canteirá do Triatlón Ferrol adestra xa en Hungría despois de subir ao 117º lugar do ranking mundial tras ser 30ª nas Series Mundiais de Hamburgo.