Disputadas as finais do VI Torneo de Pádel de Cabanas-Memorial Vicente Sambade

Gemma Freire e Julio Donoso na categoría mixta; Cristina Rodríguez e Carmen Torrecillas en feminino, e Abel Quintela e Rubén Yerai en masculino foron os campións da sexta edición do Torneo de Pádel de Cabanas-Memorial Vicente Sambade.

Unha competición organizada pola Concellería de Deportes do Concello de Cabanas na área recreativa e deportiva da Veiga.

O torneo arrancaba o 9 de xuño coa participación de 29 parellas, tanto de Cabanas como da comarca e, onte, celebrábanse as finais, cun bo número de espectadores. O alcalde, Germán Castrillón, presidía a entrega de trofeos. De seguido, adxúntanse os resultados completos:

Cadro principal:

- Campións de Mixto: Gemma Freire / Julio Donoso
- Subcampións de Mixto: Almudena Prego / Antonio Carballeira
- Campionas de Feminino: Cristina Rodríguez / Carmen Torrecillas
- Subcampionas de Feminino: Almudena Prego / Puri Fachal
- Campións de Masculino: Abel Quintela / Rubén Yerai
- Subcampións de Masculino: Rubén González / Carlos Rodríguez

Cadro Consolación:

- Campións de Mixto: Cristina Rodríguez / Juan Seoane
- Subcampións de Mixto: María José López / David Varela
- Campionas de Feminino: Ana Isabel Campo / María Neira
- Subcampionas de Feminino: Olga Vaquero / Juana Gavela
- Campións de Masculino: Paco Brage / Alejandro Torre Iglesias
- Subcampións de Masculino: Julio Donoso / José Rodríguez