Mañá vernes dia 5 comezará a nova rolda de encontros veciñais que tradicionalmente celebra o BNG de Ares, na liña de manter un contacto permanente coa veciñanza das diversas parroquias do Concello. O encontro de mañá venres celebraráse a partir das 19,30 horas no salón de actos da "Alianza Aresá", e contará coas intervencións de Emilio Mesías -portavoz municipal do BNG- que dará paso a un debate monográfico ao redor da tarifa eléctrica e do recibo da luz; que desenvolverá o técnico da Axencia Enerxética Provincial, Xosé Manuel Golpe Acuña.
O comezo desta rolda de encontros veciñais -que continuará a vindeira semana- coincide coa saída dun novo boletín informativo do BNG de Ares, no que se fai unha análise da situación municipal (orzamentos, etc.....) e se dá conta das iniciativas que a organización vén de presentar nos últimos meses no ámbito do concello e tamén no Parlamento Galego.
Galicia Ártabra Digital Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.
