
O Auditorio Municipal de Cariño acollerá durante as vindeiras semanas a proxección de oito películas do programa "Cinemas de Galicia 2017", o cal está cofinanciado co AGADIC.
O 22 de abril se proxectará "100 anos de perdón", o 29 de abril "Ballerina", o 13 de maio "María (e os demais)", o 20 de maio "Mimosas", o 27 de maio "Eu, Daniel Blake" e o 6 de xuño "Sicixia".
Todas as proxeccións terán lugar a partir das 19:30 horas e a entrada para cada unha delas será de 3 euros.
Galicia Ártabra Digital Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.