
A escasos metros, xunto ao local social da parroquia, continuará o acto, co descubrimento doutra placa que oficializa o nomeamento como “Complexo Social Antonio Martínez Aneiros” dun conxunto de instalacións localizadas na parroquia, entre as que ademais do local social están o centro de saúde, a escola e unha pista polideportiva cuberta.
Posteriormente tomará a palabra o exalcalde naronés, para proceder a pechar o acto o rexedor local.
A convocatoria deste recoñecemento ao que fora o primeiro alcalde da etapa democrática en Narón partiu da Asociación de Veciños “Os Irmandiños”, da parroquia do Val. Os representantes da Fundación Terra de Trasancos e da Sociedade Deportiva O Val sumáronse á proposta da entidade veciñal, que se aprobou no pleno do pasado mes de outubro por unanimidade da corporación local naronesa.
Galicia Ártabra Digital Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.