
Baixo o subtítulo de «
Interculturais» este sábado deron comenzo no Centro Cívico Sociual de Sedes-Narón, as
«III Xornadas Formativas en Música Tradicional» có Encontro-Obradoiro có zanfonista arxentino
Pablo Lerner, organizadas pola Asociación Cultural «
Vai rañala meu!».
Unha ducia de zanfonistas da comarca reuníronse entorno ás explicacións do mestre brasileiro que versaron entorno á técnica do instrumento para executar música
Nordestina Brasileira da que Pablo Lerner é especialista.
O Encontro rematou cunha cea de de confraternización entre alumando e profesor na que se degustou gastronomía típica galega e se continuou con interesantísmas conversas sobre o instrumento (a zanfona), as diferencias e similitudes musicais e os distintos panoramas do instrumento nos distintos países.
Este Encontro-Obradoiro é o único que terá lugar en Galicia e o mestre arxentino dará un concerto en Santiago compartindo escenario con zanfonistas do País.
A Asociación Cultural «
Vai Rañala Meu!» continuará con estas «
III Xornadas Formativas en Música Tradicional» o vindeiro 19 de novembro con máis docentes de 1º nivel.