Próxima licitación de cinco obras en Fene

concello-feneOs servizos municipais do concello de Fene  están ultimando a licitación de cinco obras por un importe total de 567.840,50 euros. As obras que proximamente sairán a concurso son: ·        Pavimentacións varias nas parroquias de Barallobre e Maniños así como obras de alumeado público na contorna da pista polideportiva de Magalofes cun orzamento de 42.226,52 € ·        Pavimentación da Estrada de Laraxe dende Areosa (Limodre). Orzamento 30.035,07 € ·        Mellora da drenaxe e reforzo do firme no núcleo de Lubián (Sillobre). Orzamento: 59.986,86 €. ·        Pavimentación do Camiño do Catalán (Maniños). Orzamento 80.451,79 € ·        Renovación de servizos e pavimentos na Avenida das Pías (Estrada FE-14). Fase 1 (marxe dereita). Orzamento 355.140,26 €