- Mesón Bugatti: Ludis Rubín
- Tokiño: Hixinio Blanco
- Romero I: Antonio Sousa
- Romero II: María Antonia Martínez
- Cervexería O Druída: Juan Seoane
- Cervexería La Quinta: Marco Gil
- Cervexería Australian: Isa Crespo
- Cervexería New Orleáns: Andrés Rodríguez
- Cervexería El Mercado: Sandra Piñeiro
- Cervexería O Paseo: José Manuel Fachal
- Cervexería Índalo: Isidoro Salvador Figueroa
- Parrillada El Mercado: Yolanda Garrote
- A Parrillada do Couto: María Veiga
- Gastrobar Piñeiros: Roberto Fernández
- Mesón O Pío: José Sabín
- Silver 200 Monjes: Daniel Neira
- Hostal Restaurante Carballo: Francisco Fernández
- Mesón O Conxuro: Ángel Ríos
- Restaurante A Trasanquesa: Silvia Coba
O Concello de Narón acolleu o sorteo dos premios da «Ruta Gastronómica Horta»
O sorteo dos vinte e cinco premios incluídos na cuarta edición da Ruta Gastronómica Horta de Narón 2016 tivo lugar esta mañá no Concello de Narón, onde o edil de Promoción Económica, Pablo Villamar, valorou a elevada participación nesta convocatoria, na que colabora a Cooperativa do Val, e á que se adheriron dezanove establecementos de hostalería do municipio, que serviron coas consumicións tapas de balde elaboradas con Pementos do Couto e Tomate Negro, do 7 ao 10 e do 14 ao 17 de xullo. O edil apuntou que no total dos locais participantes se recolleron algo máis de cinco mil papeletas, entre as que hoxe se procedeu a sortear os diferentes premios.
En total entregaranse dezanove cestas con produtos da hora (unha por establecemento); un vale de 200 euros e tres de 100 para adquirir produtos nas tendas de Mercaval, e dúas fins de semana enogastronómicas para dúas persoas nun hotel rural con aloxamento, comida e visita a unha bodega con entrada a túnel de viños, con quince referencias da Denominación de Orixe Ribeiro.
Os premiados coas cestas de produtos da horta poderán recollelas nos establecementos nos que resultaron galardoados a partir do vindeiro venres, día 29 de xullo. Os gañadores por cada local foron:
Galicia Ártabra Digital Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.