Álvaro Montes inaugura tres novas accións formativas para desempregados

alvaro montes-curso-7-7O concelleiro de emprego Álvaro Montes inagurou na maña deste xoves tres novas accións formativas para desempregados (AFD) que contan coa subvención da Consellería de Economía, Emprego e Industria. O número de alumnos por curso é de 15 que ao final do concurso obterán o certificado de profesionalidade.  Ademais que como parte da súa formación realizarán prácticas profesionais non laborais para completar a súa formación. Os 3 cursos AFD que está a desenvolver o Concello de Ferrol son os seguintes: 1. Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais-468 horas. 2. Operacións de gravación e tratamento de datos e documento-458 horas. 3. Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais-468 horas En cifras, mais polo miúdo, o número de alumnos que participan destas prácticas son 45 que foron seleccionados entre un total de 128 candidaturas remitidas pola Oficina de Emprego Ferrol- Esteiro.