
A compañía teatral
El Vodevil estará este sábado, día 16, no
Pazo da Cultura de Narón representando a obra «
Mármol».
Elena González, Susana Hermández, Pepe Viyuela e
José Luis Alcobendas compoñen o elenco desta peza dramática, dirixida por Antonio C. Guijosa e cuxa representación
comezará ás 20.00 horas.
O espectáculo, dirixido a público adulto, ten unha duración de case unha hora e media e as entradas están á venta na taquilla do Pazo, a un prezo de 15 euros para o público en xeral e de 10,50 euros para abonados, persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e desempregados.
«Mármol» é unha obra dramática contemporánea protagonizada por Art e Ben, dous amigos que xunto coas súas mulleres, Anne e Catheriene, respectivamente, experimentan unha serie de vivencias que fan reflexionar ao espectador sobre os soños e as realidades en xeral e as relacións de parella en particular.
O DOMINGO, ESPECTÁCULO MUSICAL
Na xornada do domingo, día 17, será o turno de
Urdime, que traerá ao Pazo o espectáculo de música infantil galega «
Urdime». Doce artistas –un cuarteto, seis cantantes e dous actores- subiranse ao escenario para interpretar un variado repertorio de música infantil galega dos últimos quince anos, que
comezará ás 18.00 horas.
Os actores de Ghazafelhos Pepablo Patiño e Montse Piñón conducirán este
concerto musical, que reunirá no escenario a recoñecidos profesionais do mundo da música, como Magín Blanco, Xoán Curiel, Ana Senlle, Javier Constenla e Carlos Freire, entre outros.
As entradas dispoñibles están á venta na taquilla do Pazo, a un prezo de 9,50 euros para o público en xeral e 6,65 para o resto.