Presentado o Plan Marco de mellora de camiños municipais

caminos rurales-2 A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, presentou na mañá deste luns na Delegación Territorial da Xunta na Coruña o orzamento que o Plan Marco de mellora de camiños municipais de acceso a explotacións agrarias deixará na provincia, o cal ascende a máis de 6,2 millóns de euros. A titular de Medio Rural estivo acompañada polo director xeral de Desenvolvemento Rural, Antonio Crespo, e polo delegado territorial, Diego Calvo. A conselleira explicou que este Plan inxectará á Administración local unha axuda -cofinanciada nun 75% con Feader no marco do PDR de Galicia 2014-2020- para a ampliación, mellora ou mantemento dos camiños de titularidade municipal que faciliten o acceso, cando menos, a unha parcela integrante dunha explotación agraria. Ángeles Vázquez sinalou que a finalidade destas achegas é mellorar as condicións de vida dos residentes nas áreas rurais. Para acadar este obxectivo é preciso, engadiu, mellorar as dotacións existentes de infraestruturas básicas e levar a cabo actuacións dirixidas a fomentar a implantación e a mellora dos servizos básicos demandados pola poboación rural REPARTO POR MUNICIPIOS ZONA NORTE A continuación indícase a cantidade prevista para cada un dos concellos da provincia da zona norte.  Os criterios deste reparto foron consensuados entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp). Ares.......................44.417. Cabanas................46.896. Capela,A................57.140. Cariño....................49.003. Cedeira...................73.655. Fene........................56.562. Ferrol......................52.244. Mañón.....................60.452. Miño........................46.524. Moeche.....................55.507. Monfero....................92.656. Mugardos..................41.691. Narón........................69.457. Neda..........................50.738. Ortigueira.................129.538. Pontedeume..............49.250. Pontes,As...................94.915. San Sadurniño...........85.228. Somozas,As................66.138. Valdoviño...................72.624. Vilarmaior..................51.041.