Eliximos sinala que o tripartito non defende os intereses económicos de Narón

(Fot. arch)
(Fot. arch)
Eliximos Narón presentou unha moción para que o pleno instase á Concellería e ao Ministerio de Industria ao cambio da normativa, para que tamén reflicta o uso do aluminio nas redes de alumeado público, co fin de reducilo custe das instalacións a un terzo das instalacións en cobre e tratar de evitar os roubos de cable, dado o impacto que ten no servizo para os veciños e o custe de reposición para o Concello. As instalacións con cable de aluminio xa son unha realidade dende hai décadas para todo tipo de tensións e, aínda que teñen un tratamento diferenciado polas características propias do material, son de uso moi estendido principalmente por ser mais económicas que as de cobre. Esta solicitude non supón custe nin compromiso ningún para o Concello nin para os veciños, só supón unha posibilidade mais á hora de facer as instalacións, como cando escollemos entre tubaria de cobre aceiro inoxidable ou os distintos tipos de plásticos, e por iso non entendemos a negativa do goberno ante esta solicitude. A negativa do tripartito supón limitar a posibilidade de evitar os roubos e tamén que os naroneses paguen dúas veces mais polas obras de nova instalación ou reposición, e dicir, mais obras e mais gasto que se traduce en beneficio industrial das empresas instaladoras, o cal fai que nos preguntemos cales son os intereses que está a defender o tripartito naronés.