Eleximos Narón logrou reunir 6.050 firmas contra a subas das taxas

concello-de-naron-2Eliximos Narón acusa o Goberno de deixamento das súas funcións no referente a revisión dos valores catastrais e supera as 6000 firmas contra a suba das taxas. Eliximos Narón completou este mércores, no último día do prazo para presentalas, a entrega de firmas cun total de 6.050 reclamacións de veciños afectados polas taxas para o ano 2016. Por outra parte, Eleximos Narón sinala que «o Goberno municipal non está a cumprir co mandato do pleno de: “Instar ao Ministerio de Facenda e Administracións Públicas a que revise á baixa os valores catastrais dos bens de natureza urbana, adaptándoos ao prezo actual do mercado» «Tras la publicación no BOE de que o Ministerio de Facenda revisará o catastro de 98 municipios galegos durante o año 2016 a petición destes, e que entre eles non se encontra o Concello de Narón, procedemos a poñernos en contacto coa Subdirección Xeral de Valoración e Inspección Catastral onde nos indicaron que non tiñan coñecemento do mandato plenario, e dado que o envío feito polo Concello era á Dirección Xeneral Coordinación Competencias de Comunidades Autónomas e Entidades Locais, cabía a posibilidade de que estíbese extraviado, e que era mellor remitir novamente o acordo plenario á Dirección General del Catastro Dende Eliximos «llelo comunicamos por escrito ao alcalde solicitándolle un novo reenvío a dita dirección pero o alcalde respondeunos, tamén por escrito, que: “A Dirección General del Catastro é unha entidade que depende do Ministerio de Hacienda y Administraciones Públicas polo tanto é este Ministerio que ten a obriga de remitir o escrito ao mencionado departamento». «Entendemos que esta e unha actitude de deixamento de funcións dado que o mandato non era de remitir unha carta, senón de “Instar ao Ministerio”, o que implica que o Ministerio sexa informado e coñeza o mandato do Pleno para a rebaixa dos valores. Dita comunicación non se completou e, por tanto, o Concello debe finalizar o seu traballo e non escudarse no remite dunha carta sen preocuparse de si a comunicación se produciu» remata o comunicado de Eleximos Narón.